O home detido como presunto asasino da súa irmá e a súa sobriña en Soutomaior pasará o luns a disposición xudicial

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2020 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

O paso a disposición xudicial do home detido este venres como presunto autor dos homicidios da súa irmá e a filla desta en Soutomaior está previsto para o luns, segundo fontes xudiciais.

O home, de 52 anos de idade, foi detido pola Garda Civil tras atoparse os corpos sen vida dunha das súas irmás e a súa sobriña nunha vivenda no lugar de Monte Coello. Os homicidios cometéronse cun arma de fogo, segundo fontes da investigación.

Os feitos ocorreron ao redor das 15,15 horas do venres. Unha testemuña deu o aviso e os axentes acudiron á zona, onde acharon os cadáveres.

Axente da Guardia Civil
Axente da Guardia Civil | Fonte: Arquivo Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta