Hay 86 casos activos en residencias, dos que 67 son usuarios

Tamén hai tres persoas illadas no CHUS da residencia de Lalín que poderían ser positivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2020 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

Os usuarios e traballadores de residencias infectados con COVID-19 en Galicia seguen en 86 este luns. Do total, 67 son usuarios e 19 son traballadores.

Os datos das consellerías de Sanidade e Política Social emitidos este luns, con cifras de última hora do domingo, mostran que o centro residencial da Fundación San Rosendo no Inicio --intervida pola Xunta-- mantense en 64 casos, dos que 56 son usuarios e oito empregados.

Este último parte inclúe o primeiro usuario infectado na residencia DomusVi de Lalín, xa coñecido o domingo. Ademais, hai dous traballadores positivo por COVID-19.E segundo fontes consultadas por GC, hai outros tres pacientes ingresados no CHUC que poderían ser positivos por Covid.

Os 67 usuarios con coronavirus complétanse cos 10 existentes na residencia Orpea de Culleredo. Aquí, tamén segue estable o número de casos en traballadores, con catro.

Ademais dos oito traballadores afectados no Incio, os dous de Lalín e estes catro en Culleredo, hai un caso en cada unha das seguintes residencias de maiores: DomusVi de Monforte; Paradela; San Bartolomeu de Xove; e DomusVi de Barra de Miño, no municipio ourensán de Coles. Tamén suma a estes casos o dun traballador da residencia de discapacitados das Flores, en Ourense.

Un home na porta da Residencia de anciáns do Incio, en Lugo (España), onde se detectou un brote de coronavirus, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press
Un home na porta da Residencia de anciáns do Incio, en Lugo (España), onde se detectou un brote de coronavirus, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta