Sindicato de Estudantes anuncia unha folga en todo o Estado entre o 16 e 18 de setembro

Pide unha "educación pública presencial, de calidade e con aulas seguras".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/08/2020 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O Sindicato de Estudantes anunciou unha folga en toda España os días 16, 17 e 18 de setembro en protesta polas condicións coas que se vai a iniciar o próximo curso escolar 2020-2021, marcado pola Covid-19.

Ás portas do Ministerio de Educación, o sindicato fixo un chamamento ao dereito "a unha educación pública presencial, de calidade e con aulas seguras". Tamén reclamou unha baixada dos cocientes e unha contratación masiva de profesorado.

Protesta de estudantes
Protesta de estudantes | Fonte: EP

A secretaria xeral do Sindicato de Estudantes, Coral Latorre, realizou este anuncio ante a porta da sede do Ministerio de Educación en Madrid, ata onde acudiu para apoiar unha iniciativa que recolleu máis de 230.000 firmas para esixir ao departamento que dirixe Isabel Celaá unha "volta segura" dos menores ás aulas españolas.

Latorre explicou aos medios que están "asombrados" polo comportamento da ministra. En concreto, o feito de que "a uns 15 días de inciar o curso escolar, aínda non tomase nin unha soa medida que garanta unha volta ás aulas segura e digna". Ao seu xuízo, Celaá pasouse "cinco meses de brazos cruzados", mentres familias, docentes e alumnos esperan "desesperados" o incio duns cursos que será "totalmente caótico".

"O único que dixeron que é que hai que levar máscara e iso non é ningunha soución a esta situación" e que "o curso poderá ser semipresencial", lamentou Latorre, antes de esixir a Educación outras medidas que eles mesmos reivindican, como a baixada de cocientes nas aulas, a contratación de 165.000 profesores ou plans de reforzo na impieza dos colexios. Para o sindicato, a necesario serí "un plan unificado" en todo o país e non "repetir o desastre que supuxeron as clases en liña" do confinamento que "apartaron do sistema a miles de estudantes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta