Palabras e silencios

Hai uns días, tivemos ocasión de vivir dous acontecementos temporalmente coincidentes e que mereceron un tratamento radicalmente diferente.

Por Xesús Veiga | Compostela | 21/03/2013

Comparte esta noticia
Un bo día, o fiscal superior de Catalunya defendeu a pertinencia dunha consulta legal que permitise coñecer a opinión existente no corpo social catalán a respecto da relación co actual Estado español e, de xeito inmediato, viuse na obriga de presentar a dimisión ante a evidencia da apertura do correspondente expediente sancionador por parte do fiscal xeral do Estado.Pouco despois, o ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, reiterou a súa oposición ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo porque, entre outras cousas, impediría a reprodución da especie humana.A dilixencia practicada pola máxima autoridade do ministerio fiscal non foi seguida polo presidente do goberno ou pola secretaría xeral do PP.Jorge Fernández segue de ministro e reivindica o dereito á liberdade de expresión para poder ferir os sentimentos daquelas persoas que non lle pediron permiso para conformar as unidades de convivencia que lles parecen mais apropiadas.
 
Dúas varas de medir.O modelo nacionalista español que defende o PP é incompatíbel cunha opinión razoada e razoábel dun fiscal que exerce en Catalunya e que, a pesar das súas ideas conservadoras, profesa un respecto escrupuloso pola lóxica democrática.Ao mesmo tempo, as ideas canónicas sobre a familia tradicional que habitan no universo profundo da dereita española dispoñen de carta branca ante as máximas autoridades políticas do goberno e do partido.Nin sequera foi suficiente a protesta do colectivo gai do PP que, nunha notábel demostración práctica de retranca, sinalou a evidente correlación entre a perpetuación da especie e o celibato ao que veñen esixidos os membros que conforman as estruturas organizativas da Igrexa católica.
Palabras e silencios.Despois das surrealistas explicacións da señora Cospedal sobre o itinerario laboral de Barcenas, os dirixentes da rúa Génova decretaron o apagón informativo para evitar unha acumulación de falsidades que fixera incontrolábel a xestión do escándalo do antigo tesoureiro do partido de Rajoy.E como aquí non estamos en Berlín ou en Londres, non hai problema:mentres alí dimiten ministros ou parlamentarios por mentir sobre as súas actividades públicas, neste territorio de rancios defensores das vellas tradicións políticas, relixiosas e familiares dáse un exemplo ao mundo sobre as formas de asegurar a permanencia nos cargos.Segue sendo certo:Spain is different.
 
E tampouco hai palabras para o sucedido en Chipre.Seguramente, Mariano Rajoy non fala porque está aprendendo, en xornadas intensivas, a nova xeografía política que percorre a UE.Chipre, capital?Berlín.Non é doado.Os libros dicían outra cousa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.