Escolle un dominio .gal para a túa web e paga só un euro ao mes

Máis de 5.400 páxinas están aloxadas neste dominio, exclusivamente galego.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2020 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

Cada vez é máis accesible e sinxelo conformar unha páxina na rede cun dominio web propio. Fronte ás alternativas tradicionais, os .com e .es, a modalidade galega .gal configúrase como unha opción máis económica pola que cada vez optan un maior número de plataformas, empresas e particulares.

Un ordenador portátil
Un ordenador portátil

Así, fronte ós 15 euros o ano polos que adoita saír o mantemento dun .es, unha páxina con .com custa apenas uns 10 euros. Así o anuncian dende o servizo de hosting PuntoGal, que vén de presentar unha rebaixa no prezo dos novos dominios. A baixada de prezos, contemplada no marco dunha promoción, estará vixente todo o mes de setembro a través das empresas rexistradoras, como son Dinahosting, DonDominio, Blacknight, Openprovider, Entorno Digital, Arsys e OVH.com.

Malia a diversidade de plataformas que ofrecen o rexistro no dominio exlusivamente galego, dende PuntoGal sosteñen que o prezo do rexistro non superará en ningún caso os 10 euros máis IVE. Na actualidade, e segundo destaca a asociación, xa son máis de 5.400 as páxinas aloxadas en .gal, unha comunidade dedicada á "visibilización na rede como parte da comunidade galega".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta