Os mariscadores de Ferrol lanzan un SOS á Xunta por un parasito que ameaza o seu futuro

Acusan ás institucións de "pasarse a pelota" sen ofrecer solucións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2020 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O patrón maior da Confraría Santiago Apóstolo de Barallobre, en Fene (A Coruña), Jorge López, denunciou a situación "límite" que están a ver todos os mariscadores da ría de Ferrol, na súa gran maioría dedicado á recolección de ameixa. "A ría, sexa dentro dun mes ou de dous, vai pechar porque xa non temos produto para recoller, non temos ameixas, e aínda encima temos un parásito (Parkinsus olseni) e se pechamos e imos para casa aínda será peor, xa temos moitos socios que non queren renovar o 'Permex', porque son incapaces de levar unha prestación digna para a súa casa".

Ditas declaración foron realizadas por López ante a sede do edificio administrativo da Xunta en Ferrol, onde se concentrou este martes cun grupo mariscadores pertencentes a esta confraría, ademais dalgúns das agrupacións de Ferrol e Mugardos (A Coruña). O patrón maior do depósito fenés trasladou que tanto a Xunta, a través da Consellería do Mar, como o Instituto Social da Mariña (ISM), "pásanse a pelota uns a outros, sen dar unha solución real", e insistiu en que segundo as condicións que impoñen ante un cesamento de actividade "nin un 5 %" dos asociados poderían beneficiarse delas

Jorge López instou á conselleria do Mar, Rosa Quintana, a facilitar unha solución, tras manifestar cando soubo da existencia do parásito "que a xente tiña que percibir unha prestación, que non podía ir para casa sen nada" "Algo que me parecía interesante, pera agora téñolle que lembrar que non podemos ir ao Instituto Social da Mariña ao cesamento da actividade, polo que lle pedimos que cumpra coas súas manifestacións e que busque unha solución para a ría de Ferrol".

Mariscador na Ría da Coruña
Mariscador na Ría da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta