Buscan a unha menor de 14 anos desaparecida dende o luns na Coruña

A Policía Nacional pide colaboración cidadá para dar con ela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2020 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

A Policía Nacional busca a unha moza que falta do seu domicilio desde este luns na Coruña, segundo os datos do Centro Nacional de Desaparecidos. En concreto, trátase dunha menor, duns 14 anos de idade, e de complexión delgada, e que se atopa en paradoiro descoñecido desde o 31 de agosto.

A moza, Verónica Couceiro Feito, mide 1,55 metros, pesa uns 58 quilos e ten o pelo longo e os ollos marróns. Os efectivos policiais solicitan a colaboración cidadá para porse en contacto con eles ante calquera indicio do seu paradoiro a través do 091.

Menor desaparecida na Coruña. MINISTERIO DO INTERIOR
Menor desaparecida na Coruña. MINISTERIO DO INTERIOR | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta