Anova xa conta con outro colectivo organizado "transformador e revolucionario"

Nova Esquerda Galega constituíuse esta fin de semana con militantes de Nova Esquerda Socialista e Unidade da Esquerda Galega.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/03/2013 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Soberanistas, marxistas, antiglobalizadores, ecoloxistas e socialistas. Todos eles teñen lugar en AGE baixo diversas siglas --FPG, Encontro Irmandiño, Ecosocialistas, FOGA...-. E, agora, xorde outro colectivo da unión de dúas pequenas formacións; Nova Esquerda Socialista (NES) e de militantes de Unidade da Esquerda Galega (UEG), ademais dun grupo de persoas independentes e grupos de activistas sociais.

Lois Pérez Leira
Lois Pérez Leira

Este novo partido, que leva o nome de Nova Esquerda Galega (NEG), celebrou o seu Congreso Constituínte esta fin de semana en Vigo, a cidade da que son boa parte dos seus militantes. Nesta cónclave abriuse un proceso de reflexión sobre a situación da esquerda social en Galicia e valorouse a necesidade de impulsar un novo polo da "esquerda transformadora e revolucionaria" no interior de Anova.

Confluencia con outros sectores

Tamén se falou sobre o actual escenario de crise económica e sistémica, a situación dos movementos sociais en Vigo (e en Galicia), o contexto político que envolve a Anova ou as perspectivas de futuro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Ademais, abordaronse as posibilidades de confluencia de diferentes sectores militantes nunha única organización e valorouse a posibilidade de traballar na apertura de Nova Esquerda Galega a outros colectivos sociais e políticos. "Analizouse a necesidade de continuar traballando nas distintas áreas de actividade social e política: desafiuzamentos, problemas veciñais, comercio ambulante, política municipal, ecoloxía, dereitos humanos, movemento sindical,...", sinalan desde este novo colectivo.

A Comisión Permanente e Executiva Nacional de NEG queda integrada por Xosé Manuel Graña (Presidente), Lois Pérez Leira e Óscar Lomba Álvarez (Voceiros e Coordinadores Xerais de NEG. Ademais serán os responsabeis de Organización, infraestructura, loxística, administración e finanzas), Luis Rolando (Secretario de documentación, proxectos e programas), Fran Riveiro (Secretario de Prensa, Propaganda e Comunicación) e Carlos Carminati (Secretario de movementos sociais, veciñais e participación cidadá).

Óscar Lomba
Óscar Lomba

Os impulsores

Precisamente, os dous voceiros e coordinadores xerais de NEG, Pérez Leira e Oscar Lomba, foron os grandes muñidores deste novo colectivo. O primeiro é o principal dirixente de Nova Esquerda Socialista e o segundo un dos grandes impulsores de Unidade da Esquerda Galega, un colectivo que xurdiu con militantes do PSdeG que abandonaron esta formación polo dirixismo co que Abel Caballero controla ao socialismo en Vigo.

Esta nova formación ten un Consello POlítico Nacional con 13 secretarías e unha importante área internacional con presencia en Arxentina, Cuba, Brasil e Uruguai. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 anonimo

Menuda mezcla. Que eu saiba en AGE están os de EU, ANOVA, ECOSOCIALISTAS e EQUO. Non sei a que ven esa mezcla entre AGE e ANOVA. Home mais lixeirihos andan os do BNG, agora están a UPG e os seguidores da mesma.

7 vieiras o gran burgues

Vieiras presenta xa os teus bens, tío Gilito, escoces do castelo de brión, "camarada chochescu" velloton do preguntorio, e do señorio de Brión, gran chafalleiro do parlamentiño galego. Haber si en vez de water ten unha letrina cun cagadoiro turco - pra aqueles axentes do imperialismo burgues da anova, que non seipan de miserias, deses que teñen un burato no chao! A NOVA BURGUESES NOXENTOS

1 Pseudo Marxista Ignorante

Antes de utilizar certas retoricas e certos termos non estaría de máis ler un pouco e saber de que se fala. Tiña entendido que burgueses, segundo Marx, eran os donos dos medios de producción...

2 Centroeuropeo

Pobriños bolseiros do PP, gañando para o botellón co seu minijob de troll, e ademáis en varios medios.

6 VidadeBrian

Acabo de constituír o FROPOGALI: Fronte Popular Galaico de Liberación, alguén me quere, perdón, nos quere nas súas filas?

1 Xaime

Estás, perdón estades, admitidos.

2 Xistral

Meu Deus, estabamos eu e a miña sombra fundando un partido neste momento e xa nos machacaron catro nomes. Pero dámonos presa e pedimos a nosa admisión tamén. O noso nome é GNCGdeM (Galegos Nacionalistas Con Gana de Medrar) P.D: espero que mentras vai a mensaxe pola rede non nos machaquen tamén estas siglas. Gracias amigos todos xuntos

5 unhadeavella

este Pérez Leira non é o que botaron da CIG porque estafaba inmigrantes?

4 indignado

Imonos quedar sen siglas