Seguen activos os incendios de Carnota e A Mezquita, tras arrasar máis de 210 hectáreas

Outro incendio en Vilariño de Conso calcinou máis de 60 hectáreas. Extinguido o de Chandrexa de Queixa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2020 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

Os incendios forestais que afectan este domingo a Carnota e A Mezquita  seguen activos, segundo informa a Consellería do Medio Rural, que dá por controlados os dous lumes declarados en Vilariño de Conso e por extiguido o que desde o venres arrasou 40 hectáreas en Chandrexa de Queixa.

En Carnota, o incendio declarouse ás 07,33 horas da mañá deste domingo na parroquia do Pindo e, segundo as últimas estimacións, queimou xa unhas 50 hectáreas. Na zona traballan un técnico, seis axentes, doce brigadas, dez motobombas, catro avións e catro helicópteros.

Pola súa banda, o lume na Mezquita iniciouse ás 12,30 horas do sábado cando entrou procedente de Portugal cara á parroquia de Esculqueira. Segundo Medio Rural, o incendio estaba "prácticamdente controlado" pero unha nova fronte tamén precedente do país luso reactivouno. Nas tarefas de control do incendio, que arrasou 160 hectáreas, mobilizáronse once axentes, 25 brigadas, doce motobombas, tres pas, doce avións e nove helicópteros.

En Vilariño de Conso continúan controlados desde as 08,36 horas dous lumes que empezaron na noite do venres con tres focos cada un. A superficie afectada, segundo as últimas estimacións de Medio Rural, a superficie total afectada é de máis de 60 hectáreas.

Pola súa banda, o incendio que desde o venres afectaba á parroquia de Queixa no municipio de Chandrexa de Queixa quedou extinguido ás 12,34 horas deste domingo. A última medición cifra en 40 hectáreas (un arboredo, 39 de monte raso) a superficie queimada polo lume.

Un avión tenta a pagar un incendio na parroquia do Pindo, en Carnota
Un avión tenta a pagar un incendio na parroquia do Pindo, en Carnota | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta