Indignación entre o profesorado por usar o Sergas o castelán nas citas da Covid

Numerosos docentes manifestaron as súas críticas en redes e tamén en mensaxes a este medio.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/09/2020 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Indignación entre a comunidade educativa por un mail que se está remitindo desde a área sanitaria de Santiago para convocar ao profesorado ás probas PCR. O motivo é que a mensaxe remitida desde o Sergas está en castelán.

Queixa polo uso do castelán por parte do Sergas para as citas das probas PCR
Queixa polo uso do castelán por parte do Sergas para as citas das probas PCR | Fonte: remitida

"É unha vergoña. Cambian ao conselleiro e ao día seguinte xa están utilizando o castelán", quexouse un docente en declaracións ao Galicia Confidencial. "Primeira medida do novo conselleiro: usar o castelán", comentou outra. A mesma queixa circulou tamén por redes sociais.

De feito, a #linhadogalego que puxo en marcha a Mesa tamén destacou este feito:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 nostrus

Alguns dos foreiros naciotas que merodean por este foro consideran ao galego como a sua relixión, o seu fútbol e o seu opio. Paréceme ben sempre que sufran eles ese mal e non pretendan evanxelizar ao resto.

2 Saviñou

Só como exemplo, tres especialidades do hospital de Monforte mandan toda a documentación en español. Fai algúns anos facíano en galego... E nos PACs o mesmo (mesmo en zonas do interior da Galiza esmagadoramente galegofalantes). Imos cara a desaparición do galego no SERGAS.

1 nostrus

Pois non entendo porque teñen que queixarse, reciben a notificacion nunha lingua oficial que comprenden. Poderíanse queixar si recibiran a notificacion nunha lingua que non fose oficial ou non a comprenderan. Abonda xa de rezarlle a unha lingua mais alá dos que queiran facelo. O español (ou castelán) leva séculos sendo lingua oficial de Galicia.

1 José

O español (ou castelán) leva séculos sendo lingua imposta en Galicia.

2 Gaillimh

A diferenza, querido nostrus, é que a maioría da poboación cala e axeónllase cando lle ocorre iso, sentíndose inferiores, pero co profesorado, persoas na súa maioría ben preparadas e dignas "no cuela". Non se trata de entender ou non entender, porque entender tamén entenden outros idiomas, trátase doutras cuestións que a ti che custa entender e é perder o tempo tratar de explicarchas. Eu tamén falo este e somos pouco máis de 150.000 os que o falamos ben: Dia duit agus maidin mhaith

3 Ailalelo

Piis o castelán só pra os que a queiran, oficiial?? Ata fai 100 anos so da elite, sugue sen ser a lingua DO PAÍS, A NOSA, NOXENTO, BOSTA vostrus, canto cobras troll merdeiro pepeiro??