Por E.P. | CORUÑA, A | 09/09/2020 | Actualizada ás 16:14
A Concellaría de Urbanismo do Concello da Coruña prorrogará ata o 31 de xaneiro as instrucións decretadas o pasado 24 de xuño en canto á instalación de terrazas nas prazas de aparcadoiro polo actual contexto de pandemia.
"En función sempre do que o Goberno autonómico determine nas seguintes semanas", engaden desde o consistorio. Por iso, avanza que se someterá esta normativa a unha avaliación continuada "segundo o que marque a evolución da pandemia e da actualización das medidas de prevención que indiquen as autoridades sanitarias".
No entanto, engade que, en base á "realidade epidemiolóxica actual", o goberno local considera necesario prolongar a vixencia destas instrucións ata primeiros de ano próximo "co fin de axudar a paliar as perdas económicas do sector".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.