Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2020 | Actualizada ás 22:15
Gatocán, Doraemon o Gato Cósmico, a abella Maia ou o inolvidable Dragon Ball Z. Foron moitos os debuxos animados que pasaron polo Xabarín nos seus anos de gloria, e moitos os rapaces dunha xeración que medraron escoitando a heroes e villanos falar en galego. O xabarín foi unha oportunidade para a normalización lingüística que hoxe un tuiteiro anónimo se implica en recuperar para a CRTVG.
"Quero que a miña filla teña un recordo da infancia en galego", destaca nun chío que resume o sentido xeral da conta, iniciada a comezos deste mes de setembro.
Gatocan! Outro éxito na @TVGalicia de hai un tempiño xa. Eu quero que a miña filla teña un recordo de infancia en galego. Ten a habitación chea de @KalandrakaEdit e outros, mais a medida que medra quere 5 minutos de sofá e non ten boa oferta en galego na TV https://t.co/wDny3EBppm
— Por un contido infantil e xuvenil na TVG (@tvg_infantil_xa) September 8, 2020
Porén, e máis alá do simple entretemento, o autor da iniciativa reflexiona sobre o papel do Xabarín á hora de transmitir ó galego ás novas xeracións.
Houbo un tempo nos que os nenos ían correndo á tele a poñer a @TVGalicia para poñer @Xabarin_club. Moitos falaban castelán, poucos tiñan o 50% legal das materias en galego, mais ningún medrou sen coñecer a lingua propia. Hoxe o bo manexo do galego é un obxectivo lonxano
— Por un contido infantil e xuvenil na TVG (@tvg_infantil_xa) September 3, 2020
Neste aspecto, critica que a programación actual da TVG non dea pé ó consumo de adolescentes e rapaces en galego.
Domingo 11:00. Os pais arranxando a casa. Os nenos piden un chisco de TV. Alternativas? Na @TVGalicia programa repetido e traineras, así que toca Nickelodeon en castelán. O peor é que un dos nenos mentres polo a tele di: @Xabarin_club non papá...
— Por un contido infantil e xuvenil na TVG (@tvg_infantil_xa) September 6, 2020
Ante esta circunstancia, insta á CRTVG a reformular a súa grella de programas pensando nos máis pequenos... e na lingua.
É unha marabilla seguir gozando de Érase unha vez o home na @TVGalicia, mais o certo é que os rapaces buscan contidos máis modernos. Cómpre invertir non só en reposicións (Son Goku) e produción propia (OCO e Kalandraka), tamén hai que retornar a traducir contido de fóra moderno
— Por un contido infantil e xuvenil na TVG (@tvg_infantil_xa) September 3, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.