Piden ao Concello de Santiago a readmisión de todas as labregas da Praza de Abastos

O Concello informou que os postos reducíronse a sete, obrigando ás labregas a facer quendas para vender os seus productos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2020 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

Despois de que o Sindicato Labrego Galego e a Federación Rural Galega pediran a recuperación dos postos das labregas no Praza de Abastos, o Concello de Santiago informou esta mañá que os postos de venta ambulante reducíronse a sete ao ser redistribuídos polo Concello de cara a facer fronte á Covid-19, obrigando ás praceiras a facer quendas para poder seguir vendendo.

Labregas vendendo os seus produtos na Praza de Abastos.
Labregas vendendo os seus produtos na Praza de Abastos. | Fonte: Google

Dende o SLG e a FRUGA reiteran que no entorno da Praza de Abastos hai espazo suficiente como para reubicar todos os postos de venda respectando os protocolos sanitarios sen excluír ninguén e sen obrigar a restrinxir a comercialización coa obriga de quendas.

Polo tanto, solicitan ao Concello de Santiago que busque novos lugares nos que emprazar os postos de venda; e pídenlle á xerencia da Praza de Abastos, que vén de declarar que sempre “defendeu a presencia e o traballo das praceiras que venden os seus produtos no mercado” que "interceda por elas diante das autoridades municipais, en defensa dos seus intereses, e para que o seu traballo non se vexa coartado coa escusa duns protocolos sanitarios".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta