O diñeiro negro do PP de Pontevedra dos 80 e 90

Fraga e Rajoy participaron en xuntanzas e comidas con coñecidos contrabandistas da Arousa. Algúns deles, como "Nené" Barral, "Falconetti", "Sito Miñanco"," Ferrazo" ou Marcial Dorado tamén contribuíron económicamente ás arcas deste partido.

Por Galicia Confidencial | | 03/04/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O PP recibiu unha cantidade próxima aos mil millóns de pesetas —seis millóns de euros— a través de donativos ilícitos a comezos dos anos noventa. É parte dunha información publicada polo semanario Novas da Galiza hai dous anos. Entre os doantes están algúns dos principais contrabandistas e narcotraficantes da Arousa como José Ramón Barral "Nené", Luis Falcón "Falconetti", José M. Prado Bugallo "Sito Miñanco", Manuel lorenzo "Ferrazo", Marcial dorado, Manuel Carballo Jueguen, Manuel Nieto ou José Luis vilela. Moitos destes capos foron dirixentes, e mesmo alcaldes, do PP, como foi o caso de Nené Barral ou Alfredo Bea Gondar. 

Rajoy e Fraga nun cartel electoral
Rajoy e Fraga nun cartel electoral

O propio Laureano Oubiña sinalaba nunha entrevista a Vanity Fair que financiou a finais dos 70 a Alianza Popular e á Unión do Centro Democrático e Social. Precisamente, no chamado Caso Naseiro, que investigou o diñeiro irregular que recibiu o PP, tamén se detectaron fondos procedentes de negocios ilícitos e que tiñan conexión con famosos contrabandistas e narcos galegos.

Recibos

O Novas da Galiza destaca que o Partido Popular entregaba aos doantes de diñeiro ilícito un recibo das entregas que daban para financiar a campaña para as eleccións do Parlamento Autonómico de 1990, as mesmas en que Fraga Iribarne ascendeu ao poder na Xunta de Galicia. Así, recolle que o ex presidente reuníase con contrabandistas no restaurante Rosita de Cambados e no Altamira de Vilagarcia, "onde lles eran entregados os bonos para que despois pasase Rosendo Naseiro a recoller o diñeiro das doaçoms. Conforme fontes consultadas que participárom no financiamento irregular, Vicente Otero chegou a ter entre sesenta e setenta destes bonos, o que equivale a un importe superior aos trinta milhons de pesetas da época", relátase.

As detencións de Pablo Vioque, Nené Barral, Alfredo Bea Gondar ou Luis Vilas Jueguen puxeron enriba da mesa as conexións de algúns altos cargos do PP co mundo da droga e do contrabando do tabaco, así como casos de financiamento irregular.

Precisamente, en xullo de 2010 varios medios publicaban que o ex-xefe territorial da Consellería do Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, Evaristo Juncal, vendera empresas a testaferros relacionados con contrabandistas e narcos como Marcial Dorado, "Sito Miñanco" e Pablo Vioque. Este dirixente popular, a quen se acusaba dunha licenza irregular para a súa casa en Caldas, foi, entón, defendido enerxicamente polo actual presidente da deputación provincial de Pontevedra, Rafael Louzán.

As empresas de Louzán

O propio Louzán entrou na política da man de "Nené" Barral e ambos os dous posuían intereses comúns en diversas empresas. No ano 2001, o Partido Socialista solicitou a comparecencia de Louzán Abal na Deputación provincial de Pontevedra para que explicase "os seus vínculos mercantís coa sociedade Limvial S.L, firma relacionada con José Ramón Barral". Esta sociedade estaba administrada polo irmán de "Nené", que na altura era presidente do PP de Ribadúmia, Feliciano Barral, que tamén foi relacionado co contrabando de tabaco. A comparecencia de Louzán non se produciu debido á negativa do PP, que tiña a maioría nesta institución. 

Louzán tamén foi administrador e conselleiro, entre os anos 1993 e 1995, de Automoción Villagarcía S.A. Esta empresa fora creada entre "Nené" e Vicente Otero Pérez, alcumado "Terito", outro coñecido do contrabando de tabaco na Ría de Arousa, militante de honra da desaparecida Alianza Popular e condecorado coa insignia de ouro e brillantes do partido.

As fotos de Rajoy

"Terito" foi durante anos o referente popular en Cambados, da mesma maneira que en Ribadumia o foi "Nené" e Pablo Vioque en Vilagarcia de Arousa. Todos eles reuníanse con asiduidade en Pontevedra co enton presidente do partido desta provincia e presidente provincial, Mariano Rajoy, segundo apunta o Novas da Galiza.

Non son os únicos lazos que Rajoy tivo co mundo do contrabando e do narcotráfico. En 2009, en vésperas das eleccións europeas, o actual presidente do Goberno protagonizou un acto electoral no iate Moropa, propiedade dun clan de narcotraficantes. A familia propietaria da embarcación eran coñecidos como o clan dos Caneos, que confesaron introducir cocaína a España polas costas galegas.

A foto de Rajoy xunto a un membro da Camorra

Segundo informa elplural, en outubro de 2010, a "casualidade xogoulle outra maleta pasada a Rajoy durante un acto en Tenerife. A foto do líder do PP xunto a un membro da Camorra, Domenico dei Giorgio, puxo ao aínda líder da oposición en apertos. Fontes do partido, esta vez de Tenerife, volveron pór por diante o factor azar. "Non podemos pedir un certificado de antecedentes penais de todos os que desexan darlle a man", xustificaban.

Pero o mafioso non era alguén que pasaba por alí. Era un simpatizante do PP que estivera a piques de ir como número catro polo municipio de Adeje nas eleccións locais. Unha semana antes do inicio desa campaña escribiu á Xunta Electoral para retirarse da lista, aducindo motivos persoais, con todo seguiu activo durante toda a contenda electoral e no seu Facebook Dei Giorgio exhibiu propaganda do PP até o día da cita electoral. O mafioso foi detido pola Policía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 leliaila

Creo que a noticia fala das relacións do actual presidente do goberno con membros do narcotráfico e incluso da Camorra italiana. Por que non comentades a noticia?

4 eueu

Assi é que SermónsGaliza nom tem a audiéncia esperada, devido aos upegalhos que nom saem de aqui: prefirem a imprensa livre...

3 Manoliño

Xurxiño, tes esto que da pena mirar pa el ¿Que carallo fas? Non hai vida, movemento, paixón ¡Co ben que te cabreas e dinamizas esto cando queres!

2 Sioux4645

Eu boto de menos o típico comentario UPGallo dicindo que GC é parte da mesma estratexia ppeira que La Voz de Galicia. Dito isto marcho que vou ler exclusivas sobre o caso en Sermos Galiza.

1 chupaquí

tes que chupar máis aquí e mamar menos na casa.

1 Bautista do Unto

Parece que hoxe non están os Upegallos de garda. So aparecen para cuspir contra Beiras e contra AGE, o que pasa co Partido Podre non lles interesa

1 deus salve ó conselleiro

non cola neo-Manoliño

2 Xistral

Unto é o que tes ti por cerebro

3 Palas de Rei

Teñen que calar non sexa que siga a falar Dorribo