Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 13:47
A Xunta de Galicia incorporará "de forma inmediata" case 1.900 novos profesores ás aulas galegas para reforzar a aplicación das medidas de seguridade contra a COVID-19 e para responder as necesidades educativas dos centros.
Así o anunciou este mércores o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nunha rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico que, entre outras cuestións, analizou os protocolos de volta ás aulas.
Neste sentido, Román Rodríguez anunciou que a Xunta incorporará este curso 1.890 profesores para reforzar as aulas de todos os niveis educativos e facilitar a aplicación de protocolos e medidas. Serán 1.107 para ESO, Bacharelato e FP e o resto en Infantil e Primaria.
Dos dos niveis superiores, concretou, 260 correspóndense ao incremento da oferta educativa e 847 para aplicar as medidas de seguridade relacionadas coa pandemia de coronavirus.
En Infantil e Primaria, pola súa banda, xa se incorporaron a semana pasada os 240 novos docentes para o desdobre de aulas, así como 543 novos profesores de apoio --221 para primaria e 322 para ESO-- contratados a través do programa de reforzo educativo Arco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.