CSIF solicita a suspensión novamente das oposicións á Xunta por estar Galicia "nunha segunda onda de contaxios"

As primeiras probas están previstas para outubro en Silleda. Un concello que a Xunta acaba de sumar á lista de municipios con restricións polo avance dos contaxios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/09/2020 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

A Central Sindical Independente e de funcionarios (CSIF) pide  a suspensión, unha segunda vez, dos exames dos procesos selectivos da Administración Xeral de Galicia previstos para os próximos meses polos riscos sanitarios existentes ao estar, di, "no medio dunha segunda onda de contaxios". Unha medida que afectaría aos os procesos de funcionarización xa convocados e cuxa data de realización inicialmente está prevista para os primeiros días de outubro tras ser suspendida a primeira convocatoria de xuño pola pandemia.

Oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo
Oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo

Neste sentido, o sindicato lembra que a elección do Concello de Silleda para a realización de todos ou parte destes procesos selectivos ten un risco engadido, xa que a propia Xunta acaba de incorporalo á lista de municipios con restricións polo avance da pandemia.

"A intención da administración de iniciar a realización das probas selectivas no medio dunha segunda onda de contaxios, nas que se prevé a participación de centos ou miles de persoas segundo o grupo ou categoría de que se trate, se compadece pouco coas restricións impostas en moitas zonas de Galicia tendentes a limitar os grupos de persoas no desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados", apunta nun comunicado.

PROTOCOLOS PARA OS ASPIRANTES CON COVID OU ILLADOS

A pesar de non ter constancia oficial, CSIF entende que a convocatoria das probas tería que estar acompañada dun plan de prevención de contaxios e de medidas organizativas e de seguridade. "Pero o sentido común aconsella neste caso a suspensión cautelar pola o alto nivel de risco destas actividades e que vén determinado polas graves consecuencias que se ocasionarían en caso de contaxio", engade.

O sindicato destaca que os futuros protocolos, que aínda non foron presentados na Mesa de Negociación de Empregados Públicos, deberán contemplar solucións específicas para aqueles aspirantes que teñan síntomas compatibles con COVID-19, estean en illamento ou en corentena e, como consecuencia diso, non poidan acceder ao recinto de celebración da proba.

Neste caso, suliña,  "debe negociarse e garantirse", en cumprimento co principio de igualdade nos procesos selectivos, que aos aspirantes que estean nestas conducións se lles faga unha segunda convocatoria para a execución do exame.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta