Bombeiros forestais cargan contra a Xunta: "se sabían que ía haber lumes por que non actuaron?"

Piden ampliar a carga de traballo para poñer fin ó "despropósito" de Medio Rural e a unha política forestal que "non funciona",

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2020 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Logo dos lumes chegan as responsabilidades políticas. A vaga de incendios que dende hai semanas golpea Ourense segue xerando denuncias por parte dos bombeiros forestais encargados de sufocales. A última organización en manifestarse contra a actitude da Xunta de Galicia é a Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (ATRIFOGA), que vén de criticar a falta de previsión da Dirección Xeral de Montes.

Incendio forestal. BOMBEIROS DO LEVANTE - Arquivo
Incendio forestal. BOMBEIROS DO LEVANTE - Arquivo

"En Galicia levamos moitos anos sufrindo os efectos dos devastadores lumes que por mor de xentuza sen escrúpulos, acaban coa nosa terra", destaca a organización a respecto dun problema especialmente focalizado -apuntan- en Ourense. Neste contexto, ATRIFOGA defende que a política forestal da Xunta de Feijóo "non funciona" debe ser cambiada. "Levamos anos reclamando medidas que minimizen os danos producidos polos lumes que asolan a nosa terra", apuntan a respecto dunha demanda que, sosteñen, non atende Medio Rural

De xeito concreto, o presidente da entidade, Rafael Fernández, carga contra as declaracións do Conselleiro do Medio Rural, que  chegou a dicir que "xa agardaba" a vaga de lumes. "Supón unha falta de respecto a todos os galegos" ante a que instan ó titular a actuar. "Se o sabía, ¿porqué non se tomaron as medidas oportunas para que non sucedera? ¿ou no seu caso minimizar os efectos?", sinala.

CONTRATOS DISCONTINUOS

Ante estas circunstancias, a demanda da plataforma pasa por dispoñer "máis recursos humanos e materiais" para poñer freo ó "despropósito" orquestado pola Consellería. De xeito concreto, esta ampliación de investimento consistiría nun aumento do tempo de traballo para estes profesionais. "Recordamos que somos traballadores fixos-discontinuos de 6 meses. Reclamamos o aumento do tempo de traballo para facer esa tan desexada prevención que está a reclamar toda a sociedade Galega", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta