A chuvia apaga o incendio que devoraba o Parque Natural do Xurés

Tamén axudou a extinguir outros grandes lumes en Ourense.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/09/2020 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

A chuvia das ultimas horas axudou a exinguir oito grandes incendios forestais na provincia de Ourense nos municipios de Montederramo, Chandrexa de Queixa, Manzaneda (tres lumes), Lobios, Vilar de Barrio e muíños, entre eles, o que calcinaba a serra do Xurés.

En concreto, ás 22,19 horas deste xoves quedou extinguido o incendio que se iniciou o sábado na parroquia de Rebordechau en Vilar de Barrio, tras queimar 550 hectáreas, delas 30 de arboledo e 520 de monte raso.

Ás 22,02 horas deste xoves quedou extinguido o lume orixinado o sábado na parroquia de Río Caldo de Lobios que afectou a 2.000 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, delas 200 arboredos e 1.800 de monte raso.

Pola súa banda, ás 21,56 horas do xoves tamén foi sufocado o lume que entrou na madrugada desa xornada no Parque Natural do Xurés procedente de Portugal, que afectou a unhas 250 hectáreas de monte raso na parroquia de Prado de Limia.

Ademais, foi extinguido ás 21,42 horas do xoves o lume que comezou o luns na parroquia de Gabín en Montederramo tras calcinar unhas 50 hectáreas, delas cinco arboredos e 45 de monte raso.

TRES EN MANZANEDA

Tamén foron sufocados tres incendios no municipio de Manzaneda, un deles ás 21,29 horas do xoves tras declararse o luns na parroquia de Cernado que afectou a 800 hectáreas de monte raso.

Ás 21,26 horas deste xoves tamén quedou extinguido o lume iniciado o luns na parroquia de Paradela de Manzaneda, ao que se lle uniu un terceiro na parroquia de San Martiño, "o que evidencia a clara intencionalidade", subliñou Medio Rural. Entre os dous sumaron unhas 404,03 hectáreas queimadas, delas 20,03 arboredos e o resto de monte raso.

E, así mesmo, ás 21,28 horas deste xoves quedou extinguido o lume declarado o domingo na parroquia de Queixa no concello ourensán de Chandrexa de Queixa tras arrasar 850 hectáreas, das cales cinco son arboredos e 845 de monte raso.

A chuvia axuda a apagar os incendios
A chuvia axuda a apagar os incendios | Fonte: vix

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta