Galicia rexistrou 4.000 raios concentradas en poucas horas da tarde deste xoves

O outono prevese "máis seco" do normal tras un verán "moi cálido", segundo a Aemet.

Por Europa Press / Redacción | Vigo | 18/09/2020 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou máis de 4.000 raios pola borrasca que afectou á comunidade na xornada do xoves, especialmente nas últimas horas, segundo indicou o delegado da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) nesta autonomía, Francisco Infante, no balance do verán e a presentación das previsións para o outono.

En rolda de prensa, cifrou entre 10 e 35 litros por metro cadrado as precipitacións rexistradas, mentres que situou entre "4.000 e 4.500" os raios que houbo. "Unha xornada, sobre todo na tarde-noite, moi activa de treboadas", resumiu.

Preguntado sobre a posibilidade de que volva repetirse, precisou que son "fenómenos moi puntuais" e que non é fácil "facer un prognóstico". Con todo, dixo que hai posibilidade de treboadas "todo o fin de semana", en liña co que expuxo para o prognóstico para os próximos días e que dixo que será de "inestabilidade".

VERÁN CÁLIDO

Por outra banda, sobre o verán, afirmou que foi "moi cálido en xeral" e con precipitacións "normais". Especialmente, destacou o mes de xullo, "o segundo máis cálido da serie histórica", engadiu apuntando a principios da década dos 50. "Só superado polo verán de 2013", precisou.

En canto ás precipitacións, afirmou tamén que foi "extremadamente seco". "O máis seco da serie histórica", apostilou tras precisar que xuño comezou con temperaturas "lixeiramente inferiores a valores normais" e con algúns episodios de treboadas en Ourense e Lugo.

De agosto, explicou que foi "lixeiramente cálido", aínda que con "precipitacións moi abundantes" como no caso da Coruña onde se chegou a rexistrar nun día "o dobre de precipitacións do que é un mes completo".

Cun balance hidríco en "valores normais", avanzou que para o outono "o máis probable" é que sexa "máis cálido e seco do normal", aínda que incidiu nas dificultades de facer prognóstico de para os próximos tres meses.

Raio dunha treboada na Guarda
Raio dunha treboada na Guarda | Fonte: @infernosangrina

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta