Estes son os 70 colexios e gardarías que suman 96 positivos en Galicia na última semana

Moitos dos centros afectados computan un só positivo e o único pechado ata agora é o Calasancio de Pontevedra, con 8 casos no seu persoal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2020 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

Un total de 60 centros de ensino non universitario e 13 escolas infantís rexistran casos de coronavirus en Galicia, onde se acumulan, a data deste sábado, 96 positivos, e procedeuse a pechar 27 aulas, así como un colexio: o CPR Calasancio de Pontevedra, do que xa esta semana trascendera que tiña oito positivos no seu persoal.

Así o reflicten os datos difundidos pola Administración galega este sábado, que traslada o total de positivos, así como as aulas e centros pechados por áreas sanitarias, especificando os colexios e escolas infantís afectadas por casos de covid-19 e as localidades nas que están situadas.

Estes datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente polos propios centros e xefaturas territoriais da Administración. En moitos dos centros afectados compútase un único caso positivo.

Así, no caso da área coruñesa, a Xunta informa de 23 positivos e seis aulas pechadas en tres escolas infantís e 15 centros educativos. Dous das escolas infantís están situadas na Coruña --E.I. Mariñas (un positivo) e E.I. Kid's Garden (dous positivos)--; e a terceira, en Oleiros --E.I. Mera (un positivo).

Os centros afectados da área coruñesa son o CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo (un positivo); así como, na Coruña, o CPR Plurilingüe Karbo (un positivo), CPR Plurilingüe Cristo Rei (un positivo), CEIP Alborada (un positivo e unha aula pechada), CPR Obradoiro (un positivo), CEIP Ramón da Sagra (dous positivos e dúas aulas pechadas), CEIP Fernández Latorre (tres positivos e unha aula pechada), e o CEIP Rosalía de Castro (un positivo e unha aula pechada).

En Ames, o IES do Milladoiro computa un positivo, mentres que en Brión o CEIP Plurilingüe de Pedrouzos suma dous, e en Cambre, o CEIP Wenceslao Fernández Flórez rexistra outro caso. En Carballo hai dous centros afectados: o CEIP Plurilingüe A Cristina, cun positivo; e o CEIP Netoma-Razo, cun positivo e unha aula pechada. Finalmente, no CPR Rial de Cee compútase outro positivo e no CPR Andaina, de Culleredo, tamén un positivo.

Pola súa banda, na área sanitaria de Ferrol só rexístrase un caso positivo, no CPR Ayala de Narón.

SETE CENTROS AFECTADOS NA CAPITAL GALEGA

No caso da área sanitaria compostelá, a incidencia do coronavirus afecta a catro gardarías e nove colexios que, en total, suman 17 positivos e cinco aulas pechadas. Na capital galega hai dúas gardarías na listaxe da Xunta --E.I. Cativos de Conxo (cun positivo) e E.I. de Salgueiriños (con 2 casos e unha aula pechada). As outras dúas escolas infantís afectadas están en Boiro --E.I Praia Xardín, cun positivo-- e en Lalín --E.I. Pontiñas, con outro caso--.

En canto ao resto de centros de ensino non universitario os positivos rexístranse en: CEIP Arzúa (un positivo e unha aula pechada), EEI Laíño de Dodro (un positivo e unha aula pechada), o CEIP Rosalía de Castro de Padrón (tres positivos e unha aula pechada), o CEIP Castelao de Rianxo (un positivo) e o CEIP A Igrexa-Calo en Teo (un positivo).

Na capital galega rexistráronse casos en catro centros: o CEIP Vite (un positivo), EEI Gaioso (dous positivos e unha aula pechada), o CEEPR Aspanaes Duques de Lugo (un positivo)e o CEIP Plurilingüe Emma (un positivo).

LUGO E OURENSE: SEN CASOS EN GARDARÍAS

Nin nas áreas de Lugo nin de Ourense compútanse casos en escolas infantís, aínda que si en centros educativos non universitarios. Na área de Lugo son un total de sete os centros afectados, que suman 10 positivos e dúas aulas pechadas.

Así, na capital lucense rexístranse dous positivos no CPR Plurilingüe A Inmaculada e tres positivos no CEIP As Gándaras. Así mesmo, a Xunta informa dun caso no CEIP Xoán de Requeixo de Chantada e de dous centros afectados en Friol --o CPR San José (cun positivo e unha aula pechada), e o CPI Dr. López Suárez, cun caso--.

No Incio tamén computa un positivo no CEIP Ricardo Gasset; e en Ribadeo, un positivo e unha aula pechada no CPR Sacro Corazón.

Na área ourensá hai nove centros de ensino non universitario afectados, sete deles situados na cidade das Burgas: o CEIP Mestre Vide, cun positivo; o CPR Santa María, con outro caso; o CPR Santo Anxo, con dous positivos e unha clase pechada; o CEIP Irmáns Villar, cun positivo, o CPR Plurilingüe San José, con outro caso; o CPR Divina Pastora, cun positivo; e o CPR Plurilingüe Pai Feijoo Zorelle, con outro caso.

Ademais, hai un positivo e unha aula pechada no CPI Padrenda-Crespos de Padrenda, e outro caso no CPR María Inmaculada de Verín.

A INCIDENCIA DO VIRUS EN PONTEVEDRA REFLÍCTESE NOS CENTROS

Do mesmo xeito que ocorre coa área sanitaria pontevedresa, os datos de positivos nos centros educativos reflicten a incidencia do virus na área pontevedresa, sobre todo na propia cidade de Pontevedra, onde hai unha escola infantil e sete centros afectados, un deles, o Calasancio, pechado.

En total, na área sanitaria de Pontevedra hai cinco escolas infantís e once centros educativos con casos de covid-19. As escolas infantís son a E.I. Dalila (Marín), cun positivo e unha aula pechada, a E.I. Casa do Mar (tamén en Marín), con outro caso; a E.I. Sek Atlántico (Poio), cun positivo; a E.I. A Parda (Pontevedra), cun positivo e unha aula pechada; e a E.I.Vilaboa (de Vilaboa), cun positivo e unha aula pechada.

En canto ao resto de centros afectados, na cidade do Lérez estano o CPR Calasancio (o único pechado de Galicia, aínda que a previsión é que reabra en breve); o CPR Sacro Corazón (Pontevedra), cun positivo e unha aula pechada; o CEIP Barcelos, con dous positivos e dúas aulas pechadas; o CEIP de Marcón (Pontevedra), cun caso; o IES Frei Martín Sarmiento, cun positivo; o CEIP A Xunqueira Nº 1, tamén cun caso; e o CEIP de Cabanas, con outro caso.

No resto da área, hai dous colexios afectados en Sanxenxo: o CEIP Magaláns-Dorrón, cun positivo e unha clase pechada; e o CEIP Cruceiro, cun positivo. Tamén hai casos no DPI Domingo Fontán, de Portas, que rexistra un positivo; e o CPR San Francisco, cun positivo e unha aula pechada, que prevé reabrir a partir do luns, segundo trasladaron a Europa Press fontes do centro.

TRES CENTROS E UNHA GARDARÍA AFECTADOS EN VIGO

No caso da área sanitaria viguesa, en total son unha gardaría (situada na propia cidade olívica), e oito centros de ensino non universitario os afectados, tres deles asentados en Vigo cidade. A gardaría é a E.I. Lacaba, cun positivo e unha aula pechada.

Os colexios de Vigo afectados son o CPR Plurilingüe Alba, cun positivo; o CPR María Auxiliadora, con dous positivos; e o CEIP Plurilingüe Lope de Vega, cun positivo.

Ademais, en Mos hai un caso e unha aula pechada no CPR Lareira; dous casos e dúas aulas pechadas no CEIP Outeiro das Penas de Redondela; un caso no CPR Estudo de Nigrán; un caso no CEIP de Sobrada, de Tomiño; e un caso no CEEPR Aceesca do Porriño.

Foto de arquivo.. Álex Zea - Europa Press
Foto de arquivo.. Álex Zea - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta