Condedida a Repsol a licenza para a construción do poliducto para descarga de petróleo

O Concello da Coruña declara sobre isto que "impulsa o último paso para un proxecto que permitirá liberar os peiraos, recuperar parte da cidade e construír unha cidade nova dentro da cidade: un novo ensanche".

Por E.P. | A CORUÑA | 23/09/2020 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña acordou, na Xunta de Goberno, a concesión a Repsol da licenza para comezar os labores de construción do novo poliducto para descargar o cru, segundo informa o goberno local.

Esta actuación, que conta cun orzamento de 3,8 millóns de euros, unirá as instalacións da compañía co porto exterior de Punta Langosteira. Repsol, que xa lle abonou ao concello a taxa da licenza ten agora seis meses para iniciar os traballos.

Con iso, desbloquéase " e impulsa o último paso para un proxecto que permitirá liberar os peiraos, recuperar parte da cidade e construír unha cidade nova dentro da cidade: un novo ensanche", sentencia a rexedora, Inés Rey.

Na mesma reunión, tamén se deu luz verde á contratación do servizo de mantemento, conservación e reposición de áreas infantís, zonas biosaudables e espazos lúdicos urbanos por un importe de 999.785 euros e unha duración de dous anos, prorrogables anualmente por tres máis ata un máximo de cinco.

FERNÁNDEZ-ALBALAT, FILLO PREDILECTO

Por outra banda, a Comisión de Honras do Concello da Coruñaaprobó este mércores a solicitude presentada para concederlle o título de Fillo Predilecto da cidade ao arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois "polo seu inmenso labor na configuración actual da cidade". A proposta deberá ser referendada polo pleno que se realizará o próximo 1 de outubro.

Xunta de Goberno do Concello da Coruña. ANDY PEREZ
Xunta de Goberno do Concello da Coruña. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta