Por E.P. | PONTEVEDRA | 23/09/2020 | Actualizada ás 19:52
Dúas persoas resultaron feridas con queimaduras este mércores nun accidente ocorrido na cidade de Pontevedra, ao explotar o gas que cargaban nunha neveira.
Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 17,30 horas nun local de hostalaría da rúa Poeta Uxio Novoneyra, cando un técnico procedía a cargar gas no electrodoméstico e este explotou.
Como consecuencia, dúas persoas --a dona do local e o técnico que manipulaba o gas-- resultaron feridos con queimaduras.
Ata a zona desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia, así como efectivos dos Bombeiros de Pontevedra e da Policía Local. Tamén foron informados os axentes da Policía Nacional e os efectivos de Protección Civil da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.