Trump para sempre?

Ás veces, co paso do tempo experiencias de distinto tipo, desde conversas a viaxes ou lecturas, que tiñas considerado intrascendentes, toman unha relevancia que non agardabas.

Por Emilio Martinez | A Coruña | 26/09/2020

Comparte esta noticia

Hai uns anos cheguei a ver varias temporadas da serie Scandal, basada, ou mellor dito, inspirada, nas experiencias de Judy Smith, consultora política estadounidense que despois de desempeñar o cargo de xefa de prensa de George Bush (pai), gañouse un nome profesional dende a axencia de xestión de crises fundada por ela mesma, Smith & Company, que prestou asesoramento a persoaxes como Monica Lewinsky e Wesley Snipes ou a empresas do tamaño de Sony Pictures Entertainment, Union Pacific ou Walmart.

De Scandal cheguei a ver, creo lembrar, tres temporadas. Ainda que me defraudara, polo esaxerado case sempre das historias, polo hiperbólico dos persoaxes, algún episodio pareceume mais que salvable. Pero hoxe cando vexo as novas que chegan sobre as eleccións en Estados Unidos, non podo menos que lembrarme da trama que daba sostén ás temporadas que vin. O presidente republicano, Fitzgerald Grant III, ao que estivera ligada a protagonista, Olive Pope, como asesora e como amante, chegara á presidencia mediante un fraude electoral que se mantiña oculto. Nunha serie de condados as máquinas de voto (lembre o lector o episodio acontecido, na realidade, en Florida en 2000) foran manipuladas de forma que un porcentaxe de sufraxios para o candidato demócrata eran contabilizados como votos ao candidato republicano. Ao longo dos capítulos van saindo datos de como se materializara o fraude, e aparece un xornalista que pouco a pouco vai indagando nos feitos, tirando e tirando do fio... Hoxe vendo as novas sobre Estados Unidos teño que concordar con aquel dito de que a realidade supera a ficción.

Qué é o que Donald Trump estaría disposto a facer para gañar as eleccións de novembro?.

A resposta, a día de hoxe, parece doada. Non debería existir dubida algunha que Trump non porá ningún tipo de límite aos medios que use para facer realidade o seu desexo de gañar o vindeiro novembro e gobernar durante un segundo mandato. Non haberá limite en canto aos medios que poda usar: serán todos os que estean ao seu alcance. Legales, alegais e ilegais. Sen dúbida. Non será nada novo, salvo polo feito de que quen non repara en consideracións éticas nin legais é hoxe o presidente de Estados Unidos, o que da bastante medo.

Por moi estrafalario que dende esta orilla do Atlántico vexamos a Donald Trump a súa reelección é unha posibilidade real. Mal para os estadounidenses, e mal para o resto do Mundo, con toda seguridade.

Estados Unidos é unha sociedade extremadamente complexa, seguramente moito mais que calquera sociedade dun país da Europa Occidental, unha sociedade da que é doado facer mofa dende a ignorancia.

Nestas semanas pasadas vimos moi claramente a faciana mais siniestra de Donald Trump, un verdadeiro pirómano buscando lumes aos que verquer gasolina. Pero estou seguro que cada declaración, cada orden, ten un obxectivo electoral, e o recorte de diferenza con John Biden nun estado clave como é Florida semella que a súa desmesura e o seu fanatismo da froitos.

A forma de “xestionar” as mobilizacións contra o racismo que se sucenden nas cidades estadounidenses responde á necesidade de provocar conflicto, canto mais violento millor. Electoralmente interesa poñer a John Biden na tesitura de ter que estar de forma recurrente condenando tanto a violencia na que acaban algunhas das manifestacións como os excesos policiais. O obxectivo é doble, obrigar a Biden a desmarcarse dos sectores mais esquerdistas da sociedade estadounidense, o que pode levar a facerlle perder votos por ese lado, é a vez dificultar o trasvase de votos dos sectores republicanos mais moderados, que ante a situación de conflicto non darán o paso de votar a un demócrata moderado, ainda que tampouco voten a Trump.

En 2016 unha cuarta parte dos votantes que nas primarias demócratas apoiaran a nominación de Bernie Sanders, e que foran 13 millóns, non votaron por Hillary Clinton nas eleccións presidenciais... 3,25 millóns de votos... Para eses mais de tres millóns de estadounidenses Hillary Clinton era unha representante da “casta”, que non merecia o seu voto ainda diante dun candidato como Donald Trump. Non é doado saber en que medida eses votos non emitidos determinaron a victoria final de Trump, pero desde logo non a dificultaron.

Parece estrano?. A verdade é que non deberiamos escandalizarnos. Hai catro anos, cando se sabía que a candidata demócrata era Hillary Clinton e o republicano o novedoso Donald Trump lembro leer no Facebook dunha persoa que formaba parte do consello das Mareas un comentario no que dubidaba que Trump fora tan malo como os medios de comunicación nos querían facer ver... Comentarios como eses non din moito da clarividencia de quen os expresa (o que os electores un tempo despois non deixaron de apreciar na súa xusta medida...), pero facilitan o acceso ao poder de persoxes para os cales o significado de verbas como “democracia” é absolutamente descoñecido.

As vindeiras semanas Estados Unidos escolle o seu destino, non son unhas eleccións normais. Estados Unidos é o grande laboratorio da extrema dereita mundial, o berce da internacional conservadora e en Estados Unidos inspíranse os movimentos reaccionarios europeos. Non convén perder a pista do que alí acontece. Tampouco convén perder a pista da forma na que a esquerda estadounidense, que existe, ou os sectores mais progresistas do Partido Demócrata reaccionan ante as provocacións do presidente estadounidense. Derrotar a Trump requeriralle manter a calma, non reaccionar a destempo e sobre todo votar, deixar de lado as diferenzas que podan existir ante un candidato moderado, pero que é a única opción ante o socabamento das institucións democráticas dese pais. A esquerda ten que aprender alí, e tamén eiquí, que aquelo de “Canto peor, millor”, non é certo. Na realidade o peor so trae cousas peores.

 

Trump, presidente dos Estados Unidos
Trump, presidente dos Estados Unidos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recuros Humanos, a Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é vicexerente para o campus de Lugo, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.