Denuncian que a UE podería impulsar "unha cadea de minas" a ceo aberto en Galicia nos próximos anos

Ecoloxistas advirten dos "graves problemas ambientais" que carrexaría este proxecto entre a Serra do Cando e o Monte Seixo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Novo choque entre ecoloxistas e a Unión Europea. Uns días atrás Ecoloxistas en Acción manifestaba o rexeitamente á política europea dedicada a impulsar o 5G. Agora é a rede ContraMINAcción a que, xunto con outros 234 colectivo de todo o mundo, vén de criticar a estratexia europea de materias primas críticas lanzada este mes.

Terreos da mina de Touro
Terreos da mina de Touro

Segundo destacan dende a asociación, a estratexia da UE tería por obxectivo "achandar o camiño para unha nova vaga de minaría na Europa". Deste xeito, denuncian que o paso adiante iría acompañado dun intento de desregulación. A finalidade, apuntan, pasaría por "reducir os trámites ambientais" para acelerar os proxectos e "contrarrestar a oposición social á minaría destrutiva".

Esta "destrución" podería chegar tamén a territorio galego. E é que o documento da Comisión Europea inclúe un mapas das chamadas "materias primas criticas", das cales varias se atopan en Galicia. Así, ContraMINAcción informa de "macroproxectos" mineiros que se situarían, en primeiro lugar, no lugar de Castriz, en Santa Comba. Esta minaría a ceo aberto abranguería tamén unha "cadea de minas" de litio e tantalio que ocuparían dende a Serra do Cando e o Monte Seixo.

"FALTA DE CONTROL" DA UE

O rexeitamente da asociación ecoloxista á política da UE vén de cristalizar nunha carta aberta dirixida ás autoridades europeas xunto cos máis de 200 colectivos amentados. Na misiva, os grupos asinantes escolleron escolleron o caso da mina de estaño e volframio de San Finx como exemplo ilustrativo da "falta de control" da Comisión Europea sobre os "incumprimentos sistemáticos" da lexislación das propias autoridade europeas.

Neste sentido, os asinantes indican que o silencio da institucións europeas "deixa en evidencia" os "graves problemas ambientais que acarretará a nova estratexia". En relación a esta denuncia apuntan especialmente á intención de "reducir tempos de tramitación", unha medida que tería lugar "coartando a participación pública e o exame adecuado dos impactos ambientais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 3tYY

As canteiras había que prohibilas, se queren material que fagan galerias subterraneas.