Temas: PP FEGAMP

O PP acusa o PSOE de "partidismo" coa Fegamp

O vicepresidente desta institución, o 'popula'r Alfonso Villares, esixe ao Goberno central a devolución de 54 millóns de euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2020 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acusou ao PSOE de facer unha "utilización partidista" da Fegamp, xusto antes de que o vicepresidente desta institución, o popular Alfonso Villares, co que se reuniu este martes, esixise ao Goberno central que preside o socialista Pedro Sánchez a devolución de 54 millóns de euros.

O vicepresidente da Fegamp e alcalde de Cervo, xunto a Miguel Tellado.
O vicepresidente da Fegamp e alcalde de Cervo, xunto a Miguel Tellado.

Segundo destacou Villares, xunto a Tellado, na sede do Partido Popular galego en Santiago, a contía que reclama responde a "un tema que vén de 2017" por fondos "non liquidados que son derivados do IVE".

Pola súa banda, Tellado fixo fincapé en que "historicamente" tanto a Fegamp como a Femp "sempre" estiveron "ao servizo do municipalismo galego e español" e foron institucións "gobernadas polo consenso". "Pero levamos semanas advertindo da utilización partidista que está a facer o Partido Socialista", criticou.

Así, o número dous dos populares galegos afirmou que o alcalde de Vigo e presidente da Femp, Abel Caballero, "abdicou para ser un defensor máis de Pedro Sánchez" e engadiu que en Galicia "Alberto Varela non se sabe se chegou nalgún momento a defender os intereses do municipalismo galego" pois, ao seu xuízo, "está a empregar o seu cargo para facer oposición á Xunta e para dar visibilidade a Gonzalo Caballero".

"Gustaríanos que Fegamp e Femp deixen de ser apéndices da propaganda do Partido Socialista", concluíu o secretario xeral do PPdeG.

Ao seu lado, o vicepresidente da Fegamp e rexedor de Cervo, Alfonso Villares, chamou a atención sobre a petición que, segundo dixo, "vaise facer desde o municipalismo", a de "instar o Goberno do estado que ingrese nas arcas dos concellos e deputacións galegas uns 54 millóns de euros non liquidados que son derivados do IVE".

Respecto diso, sinalou que en 2018 xa foi reclamado e "séguese reclamando" pero polo momento os consistorios non recibiron "ningunha contestación".

Engadiu que "ten que ver coa reclamación da Xunta tamén do IVE", cantidade que cifrou en 200 millóns que o Executivo central "lle debe á comunidade".

De acordo cos seus datos, á Coruña "débenselle" 3,2 millóns de euros, a Santiago 1,16, a Lugo 1,1, a Ourense 1,4, a Vigo 3,7, a Pontevedra case 900.000 euros e a Ferrol 774.000.

No tocante ás deputacións, á da Coruña, segundo as súas cifras, correspóndenlle 9,8 millóns, á de Lugo 4, á de Ourense 4,5 e á de Pontevedra 8.

Temas: PP FEGAMP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta