O condutor responsable dun accidente múltiple en San Cibrao das Viñas circulaba ebrio, drogado e sen carné

Outro dos condutores implicados deu positivo tamén en alcol e drogas

Por E.P. | OURENSE | 30/09/2020 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

O condutor responsable dun accidente múltiple ocorrido o pasado 13 de setembro no municipio ourensán de San Cibrao das Viñas, no que resultou ferido grave, circulaba ebrio, drogado e se carné, que lle foi retirado por sentenza xudicial ata 2024.

Así o indican as investigacións realizadas pola Garda Civil en relación a un accidente ocorrido na noite do pasado 13 de setembro no quilómetro 229 da N-525, ao seu paso polo lugar da Reboreda, onde chocaron tres turismos.

En concreto, os axentes apuntan a que o condutor responsable do accidente realizou "un adiantamento antirreglamentario a un turismo nun tramo de curva de visibilidade reducida", no que "está prohibida esta manobra". Como consecuencia, chocou frontalmente contra un vehículo que circulaba polo outro carril, e na colisión viuse implicado tamén o turismo adiantado.

O condutor do primeiro coche, que resultou ferido de gravidade, carecía de permiso de conducir, dado que lle foi retirado por sentenza xudicial ata o ano 2024, por delitos relacionados coa seguridade viaria.

Ademais, nas probas de alcol e drogas que lle foron realizadas no Complexo Hospitalario Cristal Piñor de Ourense, onde foi evacuado, triplicou a taxa permitida en alcol e arroxou resultado positivo ao consumo de cocaína. Os condutores dos outros turismos resultaron ilesos, destaca a Garda Civil, aínda que un deles tamén deu positivo nos controis de alcol e drogas que lle foron efectuados no lugar dos feitos.

O presunto responsable do accidente enfróntase a penas polos delitos de condución temeraria, condución baixo os efectos de bebidas alcohólicas e condución co permiso retirado. O outro implicado deberá facer fronte a dúas sancións de 1.000 euros e retirada de 6 puntos do permiso por cada infracción.

Accidente
Accidente | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta