A Xunta traballa para conseguir "o máis rápido posible" un socio industrial para Thenaisie

O BNG urxe unha solución e empraza ao Goberno galego a que pida a Scandia "que se bote ao carón".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2020 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A directora xeral de Pesca, Mercedes Rodriguez, apuntou que a Xunta traballa para conseguir "o máis rápido posible" un socio industrial para Thenaisie Provoté, que entrou en concurso de acredores en maio e conta con 125 traballadores directos e máis de 200 indirectos.

Na comisión de Pesca, a deputada do BNG Montse Prado, preguntou polas xestións que realiza a Xunta en relación coa situación de Thenaisie e as súas dúas plantas no Grove e Mos. En resposta, Mercedes Rodríguez sinala que se traballa para "reconducir a situación" e "evitar o peche". Por iso, a "máxima prioridade" é conseguir un socio industrial.

Considera que boa parte da situación que atravesa a empresa débese ás "erróneas decisións adoptadas" polos seus donos, o grupo romanés Scandia. Con todo, valora que existen unhas instalacións modernas e un persoal con experiencia.

Pola súa banda, Montse Prado advirte de que "todo indica que o obxectivo de Scandia é acelerar os pasos e chegar á liquidación", "coller o diñeiro e marcharse", polo que á "Xunta si lle debe preocupar" e "é necesario que se pida a Scandia que se bote ao carón".

Directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez. CAPTURA
Directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez. CAPTURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta