Galicia ve aumentar en 243 os pacientes hospitalizados con Covid dos que 36 están na UCI

O número de ingresados aumentou en sete máis que o pasado xoves, e aumentaron en tres as persoas en UCI.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2020 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

Os pacientes con Covid-19 hospitalizados en Galicia aumentaron a 243, sete máis que este xoves, dos que 36 están ingresados en Unidade de Coidados Intensivos (UCI) --tres máis--.

Segundo os datos actualizados este venres polas áreas sanitarias galegas, na da Coruña e Cee hai 46 pacientes con Covid hospitalizados, deles 40 en planta e tres en UCI do Chuac; e tres en planta no Hospital de Cee.

Nesta área sanitaria 858 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio e ata a data rexistráronse 5.653 altas, tras sumar outras 90. Ademais, contabilízanse outras 1.649 PCR realizadas.

Na área de Vigo os pacientes con Covid-19 hospitalizados baixaron a 21 --dous en Fátima, un en Povisa e 18 no Hospital Álvaro Cunqueiro--, deles seis en UCI --cinco no HAC e un en Fátima--, mentres 470 están en seguimento domiciliario. Ata o momento curáronse 2.916 persoas.

Mentres, na área de Ourense aumenta a 82 os pacientes ingresados con Covid --60 no HUO (oito en UCI), 14 en Verín, cinco en Valdeorras e dous en Cosaga (un en UCI)--, dez deles en UCI, mentres que 768 permanecen en seguimento en domicilio. As persoas curadas sitúanse en 2.688 e as PCR realizadas a 62.045 --881 máis--.

Na área de Santiago e Barbanza baixan soben a 40 as persoas con coronavirus as hospitalizadas, delas 39 no Hospital Clínico --cinco destas en unidade de críticos-- e unha no HM Rosaleda. Ata a data curáronse 3.216 persoas e realizáronse 75.655 PCR.

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés os pacientes ingresados con Covid en planta baixan a 14 --deles 12 no CHUP, un no Domínguez e un no Hospital do Salnés--, mentres que seis permanecen en Unidade de Críticos do Hospital Montecelo. Outros 745 evolucionan no seu domicilio e rexístranse 1.401 curados desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19.

Ademais, nas últimas 24 horas realizáronse outras 766 PCR, que se engaden ás 43.959 xa efectuadas desde o inicio da pandemia nesta área sanitaria pontevedresa.

Pola súa banda, na área de Lugo cinco pacientes con COVID atópanse en UCI --todos no HULA-- e 22 permanecen noutras unidades de hospitalización --17 no HULA, un no Hospital Público de Monforte e catro en Polusa--. Outros 499 están en seguimento no seu domicilio e 2.578 curáronse ata o momento.

E na área de Ferrol sete pacientes con Covid-19 están hospitalizados, un deles en UCI, e 121 permanecen en seguimento no seu domicilio. Ata a data, os casos non activos ou curados elévanse a 937.

Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta