O conselleiro de Sanidade insiste por carta ao ministro na necesidade de tests serolóxicos a deportistas en competición

Defende as actuacións adoptadas en materia de seguridade ante a COVID-19 en competicións oficiais non profesionais.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/10/2020 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, remitiu unha carta ao ministro do ramo, Salvador Illa, na que defende as actuacións adoptadas en materia de seguridade ante a COVID-19 en competicións oficiais non profesionais, tras a esixencia de test serolóxicos ou probas similares tanto para equipos e deportistas galegos como para aqueles procedentes doutras comunidades e que deben realizar en orixe polo menos 24 horas antes da súa chegada a Galicia.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña | Fonte: Xunta de Galicia.

O protocolo elaborado polo CSD, indica a Xunta, non esclarece aspectos como o tipo de proba, o seu financiamento ou se se debe realizar máis dunha vez con posterioridade. A modificación aprobada pola Xunta é, segundo Comesaña, unha medida "provisional" para cubrir ese baleiro e espera a celebración dun Consello Interterritorial de Saúde para abordar estas cuestións que están pendentes a pesar de que as competicións ou ben están en marcha ou o seu inicio será inminente.

Por iso, defendeu que a medida se adoptou no exercicio das competencias autonómicas e referiuse ao comunicado crítico da Asociación do Deporte Español para advertir da deslealdade de deixar sen protección a toda a poboación e asumir o risco de que varios grupos realicen práctica deportiva de contacto sen máscara e sen probas de seguridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta