A Xunta fala de "normalidade" nas primeiras oposicións da Xunta desde a irrupción da pandemia

Destaca que os exames realizáronse "con todas as garantías sanitarias".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2020 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O recinto da Feira Internacional de Silleda, en Pontevedra, acolleu este sábado as probas do primeiro proceso de funcionarización da Xunta tras a irrupción da pandemia provocada pola COVID-19.

Cunha participación do 93 por cento, unhas 126 persoas, a mañá transcorreu con normalidade para os aspirantes na primeira quenda de exames, para o grupo V da agrupación profesional de persoal funcionario. Pola tarde, é o grupo I de persoal laboral en A1 e do grupo 3 no grupo C1 de persoal funcionar.

Segundo engade a Xunta, os exames realizáronse "con todas as garantías sanitarias" a partir do protocolo da Dirección Xeral de Saúde Pública, baseado esencialmente na distancia de seguridade, o uso obrigatorio de máscara e o uso de xel hidroalcohólico para entrar nas zonas das probas.

Tamén se despregou un operativo formado por 42 persoas para controlar durante todo o fin de semana o proceso. Este domingo realizaranse as probas para funcionarizar ao grupo II de laborais no grupo A2 e a grupo IV de persoal laboral no C2 de persoal funcionario.

Probas de oposición en Silleda. PICASA
Probas de oposición en Silleda. PICASA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta