Temas: INCENDIOS

Os tribunais galegos ditaron 37 condenas por incendios forestais en 2019, un 60,9% máis, segundo Fiscalía

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/10/2020 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Os tribunais galegos ditaron ao longo de 2019 un total de 45 sentenzas relacionadas con incendios forestais, das cales 37 foron condenatorias e o oito restantes, absolutorias. Segundo datos da Memoria Anual da Fiscalía Superior de Galicia, os fallos xudiciais relativos a lumes forestais creceron un 60,7% con respecto ao 2018, cando se ditaron 28. As condenas fixérono nun 60,9%.

Incendio en Rianxo o 26 de marzo de 2019
Incendio en Rianxo o 26 de marzo de 2019 | Fonte: Europa Press

As 45 sentenzas do 2019 sobre incendios supoñen a cifra máis alta do últimos catro anos. E é que en 2016 ditáronse 35; en 2017, un total de 40; e en 2018, unhas 28.

Máis da metade dos fallos en 2019 refírense a lumes rexistrados na provincia de Pontevedra, un total de 24 --22 delas condenatorias--. Seguen a esta a provincia de Ourense, con 12 fallos --10 condenatorios--; Lugo, con cinco --só un condenatorio--; e A Coruña, con catro sentencias --todas elas condenatorias--.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta