Xunta, Deputación de Ourense e concellos da 'raia' únense para apoiar a autovía transfronteiriza

Trátase dunha declaración en favor da autovía entre Macedo de Cavaleiros-Vinhais-A Gudiña.

Por E.P. | Ourense | 09/10/2020 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A Xunta, a Deputación de Ourense e varios municipios da 'raia' tanto galegos como portugueses uníronse para aprobar unha declaración institucional en apoio á construción dunha autovía entre o nordés de Portugal, a A-52 e a estación do AVE da Gudiña.

Tramo da A-52
Tramo da A-52 | Fonte: Google Maps

A declaración en favor da autovía entre Macedo de Cavaleiros-Vinhais-A Gudiña foi apoiada por nove municipios galegos --A Gudiña, Riós, Cualedro, A Mezquita, Monterrei, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso-- e seis portugueses --Vinhais, Miranda do Douro, Mirandela, Macedo de Cavaleiros, Alfandega da Fé, Mogadouro e Vila Flor--.

Con esta acción, segundo explica a Xunta, as administracións implicadas instan os Gobernos de España e Portugal a levar a cabo a construción dunha autovía que parta de Macedo de Cavaleiros e conecte coa A-52 e a estación de AVE da Gudiña.

Unha actuación que, din, "reforzaría a competitividade" da eurorrexión e podería financiarse cos programas europeos para a construción de infraestruturas transfronteirizas.

"Supón unha ocasión única para incrementar as vantaxes competitivas necesarias para o progreso do nordés luso e o leste ourensán", di a declaración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta