Xornada negra: Galicia rexistra 11 falecidos con covid-19 nun día, a maior cifra en máis de cinco meses

É o maior número de mortos desde o pasado 26 de abril, cando Sanidade informou de 15 falecidos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/10/2020 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias notificaron este martes a morte de 11 persoas con coronavirus en Galicia, o que supón a maior cifra de falecementos nunha mesma xornada desde o pasado 26 de abril, cando Sanidade informou de 15 falecidos.

Un paciente con Covid-19 é trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo
Un paciente con Covid-19 é trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

En concreto, ademais das mortes de catro persoas relacionadas con residencias de maiores da provincia de Ourense das que a Xunta informou na mañá deste martes, ao longo da xornada notificáronse outros sete falecementos --tres tamén relacionados con residencias-- de persoas que foran diagnosticadas con coronavirus.

Dous dos falecidos permanecían ingresados no Hospital de Verín, un deles de 76 anos e procedente da residencia Val de Monterrei, e outro de 88 anos.

Ademais, morreu un home de 82 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e outro de 62 que recibía atención no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).

Tamén se notificou este martes a morte doutros dous homes ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), un de 70 anos e outro de 96, este último procedente da residencia Vos Gozos de Pereiro de Aguiar.

Por último, as autoridades sanitarias tamén informaron este martes doutra morte, neste caso rexistrada na Residencia de Val de Monterrei, onde perdeu a vida un home de 89 anos.

Todos os falecidos presentaban patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta