Robots que poden substituír a funcionarios en Rois reducen os trámites de tres horas a 20 minutos

Traballan como unha aplicación software e realizan as tarefas dun traballador, pero a velocidades máis rápidas e sen erros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2020 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O Concello de Rois participa nun ensaio piloto co uso de robots para axilizar trámites repetitivos na administración local. Este mércores, presentouse en Santiago este proxecto que impulsa a empresa compostelá Audicon, que conseguiu que robots reduzan tempos de tarefas de tres horas a 20 minutos no municipio de Rois.

En concreto, puxéronse en marcha catro robots que traballan como unha aplicación software e realizan as tarefas dun traballador, pero a velocidades máis rápidas e sen erros. Para estes procesos habitualmente tediosos úsase a tecnoloxía informática RPA (Robotic Process Automation).O alcalde Rois, Ramón Tojo, destaca que esta experiencia de automatización serve para optimizar os escasos recursos cos que contan as administracións locais.

A interventora do Concello, Begoña Collazo, explica que o proceso de comunicación do orzamento anual do Concello ao Ministerio de Facenda é unha obriga legal que require cubrir unha ducia de formularios na oficina virtual. Así, o programa piloto conseguiu cumprimentar de forma automática cinco deses documentos nuns 20 minutos, cando habitualmente leva tres horas.

Este sistema RPA está a probarse tamén na Deputación de Badaxoz, mentres os responsables de Audicon espera ampliar a súa implantación noutros concellos galegos en próximos meses.

Presentación do proceso de robotización no Concello de Rois. CONCELLO DE ROIS
Presentación do proceso de robotización no Concello de Rois. CONCELLO DE ROIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta