O sindicato O'Mega denuncia ao Sergas ante Inspección Laboral polo brote no hospital pontevedrés de Montecelo

O sindicato asegura que se produciu pola "deficiente ventilación" dos espazos de traballo, así como pola "disposición e distribución" dos mesmos, que dificultan a posibilidade de manter a distancia de seguridade entre persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2020 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O sindicato O'Mega presentou unha denuncia ante Inspección Laboral contra o Sergas polas supostas deficiencias de seguridade que derivaron nun brote rexistrado a principios do mes de outubro no pontevedrés Hospital Montecelo.

A denuncia, asinada polo secretario xeral de O'Mega, Manuel Rodríguez; censura o "deixamento continuado" da administración galega "desde o inicio" da crise á hora de velar pola seguridade dos traballadores sanitarios.

En canto ao brote rexistrado en Montecelo, o sindicato asegura que se produciu pola "deficiente ventilación" dos espazos de traballo, así como pola "disposición e distribución" dos mesmos, que dificultan a posibilidade de manter a distancia de seguridade entre persoas.

Así mesmo, sosteñen que se produciu unha "errónea valoración" dos contactos tras a detección do primeiro positivo, que levou a que algunhas persoas foron consideradas "non estreitos" polo que continuaron prestando o seu servizo ata o final de quenda.

"Esta actuación parécenos especialmente neglixente e explica en gran medida a magnitude do brote", engade o sindicato na denuncia, na que censura que se mantivese "no seu posto" a traballadores que tiveran "contracto estreito" con persoas con PCR positiva.

Así, O'Mega lamenta que o Sergas confiase a protección dos traballadores "en exclusiva" ao uso de mascaraillas cirúrxicas e respiradores persoais, á vez que asegura que se produciron "incumprimentos" no plan de prevención laboral.

Hospital de Montecelo, en Pontevedra
Hospital de Montecelo, en Pontevedra | Fonte: aldhos.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta