A covid marca un novo pico con 441 contaxios nunha soa xornada

Ourense segue á cabeza nun día en que os casos activos chegan xa ó 5.400.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Un total de 447 contaxios de covid-19 foron rexistrados en Galicia nas últimas 24 horas, o que supón un novo aumento con respecto aos 343 detectados na xornada anterior. Deste xeito, o total de positivos na Comunidade ascende a 5.457 e Ourense volve ser a provincia na que máis casos se detectan, con 93.

Así se desprende dos datos actualizados na web da Consellería de Sanidade na mañá deste mércores con rexistros recolleitos ata as 18,00 horas do martes, nos que se reflicte que as áreas sanitarias de Santiago e Vigo tamén experimentan importantes aumentos dos contagios, con 83 novos positivos máis cada unha, que sitúan o seu total de positivos en 851 e 900.

Pola súa banda, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectáronse 66 novos positivos, que elevan o total a 538. Por detrás sitúase a área da Coruña, con 56 novos casos, ata os 905; a de Lugo, con 40 novos, ata os 518; e, en último lugar, a de Ferrol, con 19 positivos, ata os 251.

Deste xeito, segundo os datos actualizados este mércores, os casos activos aumentaron en todas as áreas sanitarias.

FALECIDOS

Ata a data faleceron en Galicia 836 persoas con Covid-19, con cinco últimos falecementos notificados na tarde do mércores, un deles vinculado a unha residencia de anciáns. En concreto, informouse da morte de mulleres de 73 e 78 anos que se atopaban ingresadas no Complexo Hospitalario de Santiago e no Complexo Hospitalario da Coruña; así como de dous homes de 84 e 83 anos ingresados no Hospital de Verín e no Complexo Hospitalario de Vigo.

Ademais, faleceu unha muller de 91 anos na residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar (Ourense). Todas as vítimas tiñan patoloxías previas.

Con este cinco últimas mortes de pacientes con covid, a cifra total desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 217 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta