O PSdeG denuncia que os protocolos da Xunta "fallan" tras o novo foco masivo nunha residencia

Os socialistas pídenlle á Xunta que clarifique "en que gastou" os 92 millóns dos fondos covid destinados a Galicia polo Ministerio de Educación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2020 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

O PSdeG pediu explicacións á Xunta por un novo gromo rexistrado en residencias de maiores, neste caso, nun centro de Barbadás no que se contabilizan, polo momento, 61 casos entre usuarios e traballadores. "Están a fallar os protocolos da Consellería de Política Social, que ten a responsabilidade de garantir a seguridade sanitaria dos nosos maiores", sinalou a deputada socialista na Cámara galega Marina Ortega.

Nun comunicado remitido aos medios este domingo, a responsable da área de Política Social do PSdeG carga contra a Xunta por non tomar " todas as medidas de precaución para evitar contagios" despois do ocorrido nos centros de maiores durante a primeira onda da pandemia.

Neste sentido, tras reclamar a comparecencia no Parlamento da conselleira de Política Social, Fabiola García; Mariña Ortega advertiu que os protocolos "están a fallar mesmo nas residencias de xestión directa" da Administración autonómica, polo que demandou que "incremente o persoal de atención" para velar pola saúde de usuarios e traballadores.

GASTO EN EDUCACIÓN

Doutra banda, o portavoz de Educación do Grupo Socialista no Parlamento, Luís Álvarez, instou á Xunta a clarificar "en que gastou" os 92 millóns dos fondos covid destinados a Galicia polo Ministerio de Educación para gastos nos centros educativos como contratación de profesorado ou a habilitación de novos espazos.

Nun comunicado, o deputado solicita que a Administración autonómica determine onde foron a parar estes fondos, tendo en conta que, como lembrou, o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou que fosen as comunidades autónomas as que decidisen a que dedicar as axudas extraordinarias.

A secretaria de Políticas Sociais do PSdeG, Mariña Ortega. PSDEG - Arquivo
A secretaria de Políticas Sociais do PSdeG, Mariña Ortega. PSDEG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta