As Pontes líbrase do bloqueo dos transportistas prometendo queimar un combustible "moi contaminante"

Os transportistas tiñan cercada a planta dende o pasado xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Ás 11,00 horas deste martes, 27 de outubro, os aproximadamente 20 camións que tiñan bloqueadas desde o pasado xoves as saídas da central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña), abandonaron a súa acción de protesta, tras chegar a un acordo coa compañía eléctrica.

A decisión tomouse en asemblea tras manter un encontro a tres bandas entre Endesa, representantes sindicais das empresas auxiliares e transportistas, que permitirán agora a retirada de dúas bombas da desulfuradora que non chegaron a instalarse no complexo na última reforma, para os grupos 3 e 4, tras solicitar o peche das instalacións.

Fontes de Endesa trasladaron a Europa Press que por parte da compañía comprometéronse a renovar de forma inmediata as probas con biocombustibles, repor as bombas se fose necesario no futuro e favorecer a contratación local de servizos e transportes de acordo a criterios de transición xusta e elaborar cos sindicatos unha listaxe de persoal de empresas auxiliares afectados polo eventual peche da central.

ASEMBLEA

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Transportistas do Carbón das Pontes, 'Cholo' Bouza, ratificou o levantamento do bloqueo, xa que "ao once saímos, pasamos pola avenida de Galicia, polo centro do pobo e desde A Casa cada un para a súa casa".

Ademais, o colectivo está emprazado para as 17,00 horas deste martes a unha asemblea, no Cinema Aloví das Pontes. "Logo a funcionar e a esperar que Endesa cumpra", engadiu o representante dos transportista, que tamén destacou que "faltan por cumprir as promesas do Ministerio de Transición Ecolóxica e da Xunta".

Camións bloquenado o acceso á central térmica de Endesa nas Pontes. CEDIDA (TRABALLADORES)
Camións bloquenado o acceso á central térmica de Endesa nas Pontes. CEDIDA (TRABALLADORES)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta