Denunciados 22 mozos que participaron nunha festa sen máscaras en Sanxenxo

A Garda Civil asegurou quqeno recinto "non se respectaban as distancias".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A Garda Civil tramitou 22 propostas de sanción contra outros tantos mozos que o pasado fin de semana foron identificados cando participaban nunha festa nun local da parroquia de Noalla, en Sanxenxo.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, os feitos tiveron lugar na madrugada do sábado ao domingo, cando testemuñas alertaron aos axentes do ruído de música procedente dun local social e do gran número de coches estacionados nas súas inmediacións.

Cando chegou a Garda Civil ao establecemento, comprobou que no seu interior había máis dunha vintena de mozas, "bailando e bebendo", e que non se respectaban as distancias, nin usaban máscaras. Por todo eles, foron identificadas e propostas para sanción esas 22 persoas que, ademais de vulnerar as indicacións sanitarias contra a pandemia de COVID, tampouco respectaban a restrición de reunión dun máximo de 5 persoas.

As portas do pub Buddha, en Sanxenxo
As portas do pub Buddha, en Sanxenxo | Fonte: Iago Codesido

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta