Sanidade esixirá un estudo técnico aos colexios que queiran instalar un purificador de aire

O conselleiro de Sanidade lembrou que, neste ámbito, existe un protocolo acordado tamén coa participación da Consellería de Educación no que se inclúen "unha serie de medidas" para previr contagios, fundamentalmente o uso de máscara e a ventilación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou este martes que as autoridades sanitarias non descartan a instalación de purificadores de aire nas aulas, aínda que sempre que conten cun estudo técnico sobre a súa instalación.

Así o dixo a preguntas dos medios durante a rolda de prensa celebrada no Sergas para dar conta dos asuntos tratados na reunión semanal do comité clínico de expertos.

En concreto, García Comesaña lembrou que, neste ámbito, existe un protocolo acordado tamén coa participación da Consellería de Educación no que se inclúen "unha serie de medidas" para previr contagios, fundamentalmente o uso de máscara e a ventilación.

Así, o conselleiro apuntou que estas dúas premisas son "fundamentais" e que calquera outra medida sería "complementaria" ao cumprimento destas. "Os informes dos que dispomos non o descartan, pero despois de medidas como a máscara e a ventilación e despois dun estudo técnico adecuado para adaptalo", dixo.

Neste sentido, Julio García Comesaña indicou que as pautas do protocolo son de obrigado cumprimento e que calquera elemento adicional "recoméndase, pero cun estudo técnico previo", aínda que non precisou quen se encargará de elaboralo, dado que é unha cuestión que aínda hai que "ir pechando".

Unha profesora coloca carteis de medidas preventivas ante o COVID-19 na aula. Álex Zea - Europa Press
Unha profesora coloca carteis de medidas preventivas ante o COVID-19 na aula. Álex Zea - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta