Temas: FRASEOLOXíA

“Escachar # Espichar(se) á/de/da/coa risa”, equivalentes, entre moitas, á castelá “desternillarse de risa” (1ª parte)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Santiago de Compostela | 01/11/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Dado que o prometido é debido, e que na anterior entrega nos comprometemos a abordar as secuencias lingüísticas galegas que se virían a corresponder coa castelá mearse de risa (ou desternillarse de risa e outras semellantes, nun rexistro menos popular ou vulgar), imos darlles, pois, un pequeno repaso, repaso que imos dividir en dúas entregas dado o considerable número de expresións que veñen a incidir no significado de “rir moito e con moitas ganas”.

Un neno promociona o leite cun gran sorriso
Un neno promociona o leite cun gran sorriso

Desternillarse # Mondarse # Morirse # Partirse # Troncharse de risa

{= Rir moito e con moitas ganas.}

Escachar á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Espichar á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir && Espicharse á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Escarcallarse á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Esmendrellarse á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Escangallarse á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Escarranchar á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir && Escarrancharse á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Fartarse a rir # de rir

Matarse á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Partirse á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Escacharelarse á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Rebentar á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Chorar á risa # de risa # da risa # coa risa

Tronzar á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir && Tronzarse á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

[TAMÉN, SE CADRA ASOCIADAS EN MAIOR MEDIDA A CONTEXTOS DE USO INDA MÁIS POPULARES OU FAMILIARES]:

Escarallarse á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Esperrecharse á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Escagallarse á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir

Ex.: ¡Es tan cachondo que no haces más que troncharte de la risa con él!

¡É tan carallán que non fas outro oficio ca escachar á risaca espichar(te) de risaca escarcallarte da risaca esmendrellarte coa risaca escangallarte a rirca escarranchar(te) á risaca fartarte de rirca matarte de risaca partirte coa risaca escacharelarte a rirca rebentar á risaca chorar da risaca tronzar(te) coa risaca escarallarte á risaca esperrecharte de risaca escagallarte da risa con el!

● Tamén:

Esfachicarse coa risa && Caer de cu coa risa

Ex.: ¡É tan carallán que con el non fas outro oficio ca te esfachicares coa risaca caeres de cu coa risa!

● Tamén, posiblemente asociadas a rexistros de uso máis coloquiais, ou mesmo vulgares:

Mearse de risa

Mexar por si[por min, por ti, por nós...] á risa # de risa # da risa # coa risa # a rir && Mexar á risa # de risa # da risa # coa risa && [E MESMO, EN CONTEXTOS]: Rir a/ata mexar por si[por min, por ti, por nós...]

Ex.: ¡É tan carallán que con el non fas outro oficio ca mexares por ti coa risaca mexares de risaca rires a/ata mexar por ti!

● E inda tamén:

Llorar de risa

Chorar á risa # de risa # da risa # coa risa && Caerlle as lágrimas ós ollos (de risa # da risa # coa risa)

Ex.: ¡É tan carallán que con el non fas outro oficio ca chorares da risaque con el cáenche seguido as lágrimas ós ollos (da risa).

NOTAS:

1. Malia que en todos estes casos facemos constar o complemento verbal (isto é, de risa en castelán, e á risa, de risa, da risa, coa risa ou a rir en galego), cómpre ter en conta que en non poucas ocasións –e normalmente provocado por que o contexto fai que se sobreentenda o sentido– varios dos verbos referidos se empregan a secas para dar conta deste mesmo significado:

Ex.: Te empieza a contar chistes y es que te desternillas te mondas te tronchas te partes te meas.

Empézache a contar chistes e é que escachas que te espichas que te escarcallas que te esmendrellas que te escangallas que te escarranchas que te escarallas que te esperrechas que te escagallas que mexas por ti.

Obsérvese que aqueles verbos que teñen a opción de se empregaren como intransitivos ou pronominais cando levan explícito o complemento verbal –isto é, espichar(se)escarranchar(se) e tronzar(se)–, se este non aparece úsanse na súa forma pronominal:

Ex.: Con el espíchaste  escarránchaste  trónzaste.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Ferro Ruibal, Xesús: “Dentes e moas na fraseoloxía galega”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 69-126. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición). Publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe (1985). Universidade de Santiago, Verba, anexo 27. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martín Sarmiento: Material lexicográfico elaborado por Frei Martín Sarmiento entre 1745 e 1770. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Marilar Aleixandre

Grazas! Esta sección sempre de tanto interese!