Galicia volve ós peores datos da covid con case 700 positivos nun só día

A área de Vigo ponse á cabeza con 172 positivos rexistrados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Os positivos confirmados por Covid-19 nas últimas 24 horas en Galicia repuntaron a 682, deles 172 na área sanitaria de Vigo --que se sitúa á cabeza con maior número de casos activos tamén-- e 100 na da Coruña e Cee. Por áreas sanitarias, na de Ourense rexistráronse 89 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; na de Santiago e Barbanza, 86; outros 83 na de Pontevedra e O Salnés; 80 na de Ferrol e 72 na de Lugo.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste mércores na web da Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste martes, nas que se constata que esta segunda onda rexistra as cifras máis elevadas de contagios da pandemia en Galicia en canto a positivos confirmados por PCR en 24 horas.

En concreto, este martes detectáronse 525 positivos confirmados por PCR; tras os 687 do sábado 24 de outubro, os 603 do luns pasado e os 597 do domingo 25. Na primeira, o volume maior corresponde ao 29 de marzo, con 516.

VIGO, Á CABEZA

En canto aos casos activos, a área sanitaria de Vigo sitúase á cabeza, con 1.502, tras sumar 144 máis con respecto a este martes; seguida da de Ourense, con 1.414 --nove menos--, que é a única na que descenden en Galicia. Mentres, a área da Coruña colócase con 1.285 casos activos --84 máis--; a de Santiago e Barbanza conta con 1.186 --58 máis--; a de Pontevedra e O Salnés, con 785 --58 máis--; Lugo, con 743 --52 máis-- e a de Ferrol ten 620 --74 máis--.

CURADOS E FALECIDOS

Ata a data curáronse na Comunidade galega 26.034 persoas, o que supón 230 máis que as rexistradas este martes. E realizáronse 654.482 PCR fronte ás 646.233 contabilizadas na xornada pasada.

Pola súa banda, os falecidos con Covid-19 en Galicia ascenden a 882, despois de que as autoridades sanitarias notificasen este martes o falecemento de dous homes con Covid-19. Os falecidos son un home de 87 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e outro home de 77 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que procedía da residencia Vos Gozos, do Pereiro de Aguiar. Os dous tiñan patoloxías previas.

A primeira morte computada na Comunidade na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Punto COVID habilitado no Ventorillo, na Coruña, para realizar as probas PCR. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Punto COVID habilitado no Ventorillo, na Coruña, para realizar as probas PCR. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta