Jácome di do novo centro de intelixencia artificial de Ourense que é "un cortello no que hai que poñer porcos"

O alcalde de Ourense presenta destaca a "xornada histórica" coa posta en marcha dun centro "fundamental".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense presentou este venres o Centro de Intelixencia Artificial nun acto cualificado de "histórico" polo rexedor da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, que vaticinou que o centro "vai xogar un papel fundamental" para a Cidade das Burgas.O acto, no que Jácome estivo acompañado polo director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, David Olivieri; non contou con presenza de representantes da Deputación de Ourense nin da Xunta, que non foron convidadas polo goberno local.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome

O rexedor resaltou a importancia de situar Ourense "nunha área de tanto potencial" como a da intelixencia artificial, que ademais é "totalmente transversal" polo que "todas as empresas poderán beneficiarse da actividade do centro".

Así, apelou a que "hai que por en marcha un cortello, logo xa se lle porán porcos", explicando que "aínda que non é o caso exacto", "é unha forma de funcionar eficiente" posto que o Centro é un proxecto moi novo que "terá erros que se irán liquidando" pero cuxo funcionamento suporá un papel esencial na cidade de Ourense.

"DÍA HISTÓRICO PARA OURENSE"

"Hoxe é un día histórico para Ourense", sinalou Jácome, que vaticinou que o centro "vai xogar un papel fundamental para Ourense" e xerará "sinerxías" co tecido produtivo da cidade. Jácome agradeceu a colaboración ás entidades presentes e manifestou que é un proxecto que o concello "pon en marcha cos seus propios recursos", polo que espera "que se somen outras administracións supramunicipais como a Deputación de Ourense ou a Xunta de Galicia" --quen, pola súa banda, manteñen que non se desvincularon--.

"Sempre crin que algún día as máquinas igualarían ou mesmo superarían as capacidades dos seres humanos", apuntou Jácome, para logo engadir que "en época covid está a demostrarse que é así" e, a continuación, suliñar que "a intelixencia artificial acabará co capitalismo porque xa non haberá incentivos para traballar".

A continuación, sinalou que o propósito deste Centro de Intelixencia Artificial é situar a Ourense como un referente que atraia beneficios socioeconómicos á cidade e á súa contorna, como centro tecnolóxico de "excelencia" enfocado as aplicacións viables da intelixencia artificial no mundo real.

Tamén o director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, David Olivieri, expuxo que "o centro é un proxecto moi interesante" que ten unha posibilidade "moi grande" para causar un impacto na cidade, tanto socioeconómico como para reter talento, "que é fundamental para Ourense".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta