Os voluntarios de Protección Civil suman case 100.000 operativos en Galicia nos últimos meses

A maioría das actuacións consistiron na repartición de alimentos e medicamentos, así como visitas a persoas que viven soas para comprobar o seu estado e tarefas de desinfección de lugares públicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu o traballo e a implicación das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) pola súa contribución na loita contra a pandemia causada polo coronavirus.

Na súa visita deste mércores á agrupación de Carballo, destacou o traballo realizado por 5.000 voluntarios de 230 agrupacións que estes meses foron mobilizados coa activación en Galicia do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) e levaron a cabo case 100.000 operativos baixo a coordinación do Goberno galego.

No caso da agrupación de Carballo, os 45 integrantes da agrupación participaron en case 650 operativos destas características. A maioría das actuacións consistiron na repartición de alimentos e medicamentos, así como visitas a persoas que viven soas para comprobar o seu estado e tarefas de desinfección de lugares públicos.

Alfonso Rueda indicou que "é necesario seguir pondo en valor o traballo dos miles de voluntarios de Protección Civil que hai en Galicia, que levaron e están a levar a cabo un labor fundamental no día a día dos cidadáns galegos desde o primeiro día da pandemia e de maneira completamente altruísta e desinteresada".

INVESTIMENTO

O vicepresidente primeiro da Xunta lembrou que a Administración autonómica investiu nos últimos anos máis de 17 millóns de euros en dotar a estas agrupacións dun equipamento adecuado para realizar o seu traballo en condicións e, deste xeito, prestar un servizo máis eficaz e velar pola seguridade da cidadanía.

No caso da asociación de Carballo, o investimento da Xunta rolda os 82.000 euros e, entre o material entregado inclúese un furgón e unha carpa presurizada, unha embarcación, un baúl de salvamento e traxes protectores fronte á avespa velutina.

Protección Civil. Foto: Prensa Allariz
Protección Civil. Foto: Prensa Allariz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta