A Facultade de Belas Artes de Pontevedra celebra o seu 30 aniversario cunha mostra de docentes e ex alumnos

A exposición estará aberta até o 24 de xaneiro.

Por E.P. | Pontevedra | 29/10/2020 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

O claustro do edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolle desde este xoves 29 de outubro ata o 24 de xaneiro a exposición 'De mestras e mestrados', con traballos de profesores e antigos alumnos, coa que a Facultade de Belas Artes celebra o seu 30 aniversario.

Facultade de Belas Artes en Pontevedra.
Facultade de Belas Artes en Pontevedra.

O decano de Belas Artes, Xosé Manuel Buxán, exerce de comisario desta exposición que recolle os traballos de oito docentes e oito estudantes da facultade pontevedresa.

Buxán destacou durante a inauguración desta mostra que con ela "quería construír un relato a partir das nosas profesoras artistas, que teñen carreiras consolidadas e que expuxeron en centros de referencia nacional e internacional".

Esta exposición verase complementada pola edición dun catálogo. Loreto Blanco e Abi Castillo, Mar Caldas e Milo Arias, Marisa Fernández e Cristian Benítez, Almudena Fernández Fariña e Isabel Flores, Yolanda Herránz e Celeste Garrido, Anne Heyvaert e Yatir Fernández, Chelo Matesanz e Xoana Pascual Pousa e Mónica Ortuzar e Amaya González son os protagonistas de este diálogo artístico.

O acto de apertura celebrado este xoves contou tamén coa intervención do vicerreitor do campus, Jorge Soto, que puxo en valor a importancia de "reivindicar a cultura e a creatividade como algo necesario para saír desta pandemia", así como no papel que neste campo xoga en Pontevedra Belas Artes, "unha facultade absolutamente enraizada no quefacer diario da cidade".

Vicerreitor e decano subliñaron tamén a importancia que para a institución académica ten a colaboración co Museo de Pontevedra, como tamén fixo o seu director, Xosé Manuel Rey, que destacou o "interesante diálogo interxeracional" que esta mostra articula.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta