O Sergas fará un cribado entre os veciños de Muros de entre 30 e 50 anos ante o incremento de casos

As persoas seleccionadas serán citadas a través dunha mensaxe SMS coa hora e o lugar da proba.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/10/2020 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

A xerencia da área Sanitaria de Santiago de Compostela e O Barbanza informou de que fará un cribado ao longo do fin de semana entre os veciños de Muros con idades comprendidas entre os 30 e 50 anos.

Realización do test COVID
Realización do test COVID | Fonte: Europa Press

Segundo informaron fontes da xerencia, a decisión adóptase tras o incremento de casos nos que non é posible seguir a cadea epidemiolóxica.

Deste xeito, as persoas seleccionadas serán citadas a través dunha mensaxe SMS coa hora e o lugar da proba. En concreto, realizarase unha toma de mostras nasofarinxea para realizar PCR, que serán analizadas a través da técnica 'pooling'.

Conforme aos últimos datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), un total de 1.322 pacientes da área sanitaria de Santiago e O Barbanza permanecen con infección activa pola covid-19. Ademais, nas últimas 24 horas foron detectados un total de 115 positivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 2kGA

Os test pcr e similares están moi cuestionados, non detectan virus directamente, senón que se interpretan os seus resultados. Eu non me fiaría moito.