GC Aberto

O campo dá máis ca vida

Por admin | GCAberto | 02/11/2020

Comparte esta noticia

No mundo urbano haberá outras comodidades pero no mundo rural hai moitas oportunidades e tamén moitas posibilidades a realzar e darlles valor. Que estas opcións non estean de moda ou que non sexan aceptadas pola influencia das liñas comerciais, centradas nas grandes superficies e orientadas a atomizar a sociedade, concentrando esta en edificios afastados da natureza, pois xa é un problema de visión, aberto e proxectado só nun modo de vida que erroneamente se ve como único para lograr o benestar. 

Núcleo rural tradicional da Pena, en Paradela (Lugo).. MITMA - Arquivo
Núcleo rural tradicional da Pena, en Paradela (Lugo).. MITMA - Arquivo

A xente afeita a falar mal do rural está cargada de prexuízos e tamén pode estar baseada nunha apreciación xerada dende un entorno illado do rural por ignorar que o mundo do campo é a base da economía, é o punto primario de partida que sostén a toda a sociedade.  

Os ciclos da mobilidade da poboación entre a cidade e a aldea, ou entre o urbano e o rural, seguen activos e continuarán producíndose constantemente no tempo . Precisamente este tipo de apreciacións que xera a cidadanía, segundo a etapa de benestar apreciada de forma xeral, debido á economía establecida e á política usada, son as forzas que definen o movemento da poboación. O feito desta apreciación non fai máis ca demostrar que se trata dun proceso subxectivo e non está vencellado de xeito directo, o benestar co mundo urbano e o malestar co mundo rural. Pódense dar os dous estados nun entorno rural ou nun entorno

urbano independentemente deste.   

Todas as vilas, cidades e urbanizacións que teñen zonas vellas no seu centro ou ao pé, comezaron sendo aldeas ou lugares con poucas vivendas. Que estes lugares teñan poucos fogares e habiten poucas persoas, nos mundos de hoxe, non teñen porqué ser caracterizadas por economías limitadas á supervivencia. Se son encadradas na autosuficiencia, este atributo é un punto positivo e non ten que levarnos a consideralo negativo. Todo o contrario. O rural claro que precisa de máis atención para poder equiparar certos servizos ofrecidos exclusivamente en moitas zonas urbanas pero, por estas limitacións non pode pasarse a desertar e deixar abandonada estas zonas. 

O concepto de riqueza nun hábito urbano é alterado e moldeado moitas veces polo alto grao de materialismo e consumismo establecido. A riqueza baseada só no diñeiro monetario fai que outros valores coma poder estar en contacto diario coa natureza queden desprezados ou anulados por completo. Rachando coa orixe que nos dou o ser. 

A mentalidade adquirida de asociar a vida no campo á miseria é unha das causas da desidia rural, é unha das razóns apolíticas de apoio e favorecedoras da aceleración e caída demográfica do interior galego. O problema disto indica que a base da economía de proximidade cada vez se limita máis, desfacendo a base da subministración alimentar autóctona dun país. 

Mentres haxa industria que permita gañar diñeiro parece que todo vai ben pero cando só se chega a abastecer á poboación con alimento do campo foráneo ao país, este está orfo do rural e vese claramente avivar unha crise e unha dependencia extrema dominada por un gran monopolio alimentario, apartado de todo control da súa sociedade. 

Mario Vila López  

DOZÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O malo é que para vivir no rural cómpre ser RICO ou ter familia no rural que facilite a entrada a unha propiedade digna de ser vivida (?) As casas á venda ou teñen prezos alucinantes ou simplemente habería que facelas de novo para vivir nelas (?) E coidado cos veciños que ás veces parecen estar para tocar o carallo cos dereitos de paso e demáis liortas de telenovela (?) Sintoo pero cada vez o rural parécese máis a Lugar Imposible para Forasteiros (agás se es inglés) ?