Piden un convenio colectivo para a investigación en fundacións biomédicas galegas ante a precariedade do sector

Esta iniciativa está entre unha serie de propostas do BNG presentadas no Parlamento galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

O BNG presentou unha batería de iniciativas no Parlamento autonómico na que demanda un convenio colectivo para os investigadores das fundacións biomédicas galegas antes de que acabe este ano.

A deputada Montse Prado pide o reinicio inmediato da negociación para dotar ao colectivo de investigación sanitaria de estabilidade e condicións laborais dignas.

No novo convenio "deben contemplarse categorías profesionais ben establecidas, carreira investigadora, condicións laborais dignas, estabilidade e condicións retributiva que partan do mínimo da proposta realizada polos comités".

Actualmente, uns 500 traballadores "a día de hoxe non teñen unha norma propia que regule nin as súas condicións laborais nin as súas obrigacións profesionais".

O Bloque alerta de que o nivel de precariedade que sofre o colectivo provoca que haxa investigadores que "levan traballando máis de 20 anos con contratos temporais". Mentres, os comités de empresa "están a esperar desde xuño a que se convoque a mesa de negociación".

Montse Prado. Europa Press - Archivo
Montse Prado. Europa Press - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta