Cirurxiáns do CHUS reconstrúen a mandíbula dunha paciente empregando un oso "cultivado" na súa propia perna

É a primeira vez que se realiza con éxito unha operación deste tipo en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2020 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

Especialistas do Servizo de Cirurxía Maxilofacial da área Sanitaria de Santiago e Barbanza, cuxo responsable é o doutor Abel García, reconstruíron a mandíbula dunha paciente cun transplante "a medida" de tecido cultivado nunha perna desta. Segundo informou a área sanitaria de Santiago nun comunicado, cirurxiáns maxilofaciales reconstruíron a mandíbula dunha paciente "inxertando un óso da encía cultivado no peroné da propia perna da paciente".

As mesmas fontes sanitarias explicaron que a peza implantada foi creada mediante enxeñaría tisular --cultivo de células da propia paciente en laboratorio--. Deste xeito, trátase de "a primeira vez" que se realiza unha intervención similar en Galicia, destacou a área sanitaria, e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) é o segundo centro de España en levala a cabo "con éxito", incidiron as mesmas fontes.

A paciente, unha muller de 40 anos, presentaba un tumor benigno, pero invasivo, na mandíbula, indicaron por parte da área sanitaria. Así, para extirparlle a metade da mandíbula procedeuse á reconstrución cun auto transplante do óso do peroné con encía oral.

Para esta reconstrución facial empregáronse as técnicas de planificación virtual 3D, a enxeñaría tisular e as abordaxes minimamente invasivas, que evitan cicatrices faciais visibles. O cirurxián encargo de dirixir esta operación, cunha duración de 12 horas, foi Quim Megías, que contou coa colaboración de profesionais de varios servizos.

Por parte do Servizo de Cirurxía Maxilofacial está previsto que esta técnica beneficie a uns 20 pacientes ao ano con tumores benignos mandibulares que necesiten resecciones extensas de óso, e así "ofrecerlles aos pacientes con lesións en boca e cara a mellor reconstrución posible", conclúen por parte da área sanitaria compostelá.

Cirurxía nun quirófano
Cirurxía nun quirófano | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta