Ciudadanos reclama que a Xunta aplique "medidas contundentes" para frear o aumento do paro

A responsable da formación autonómica en Galicia chamou a atención sobre "o drama que supón a subida dos parados" nun momento no que, sinalou, "falamos de familias, que o pasan verdadeiramente mal e que quedan sen ingresos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2020 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

A coordinadora de Ciudadanos en Galicia, Beatriz Pino, reclamou á Xunta "medidas contundentes para atallar a subida do paro". "Non falamos de números, son familias que cada día quedan sen recursos", sentenciou nun comunicado tras as cifras publicadas polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

A responsable da formación autonómica en Galicia chamou a atención sobre "o drama que supón a subida dos parados" nun momento no que, sinalou, "falamos de familias, pasándoo verdadeiramente mal e que quedan sen ingresos".

"E o que é máis grave, abocados a unha situación de incerteza que non lles deixa futuro nin esperanza". Pino insistiu en que se debe traballar "en reverter estes datos e dar alternativas e saídas ás familias ante esta crise social e económica que sufrimos como consecuencia da sanitaria".

Por outra banda, aos parados sumou as persoas que seguen nun ERTE. "Agora máis que nunca necesitamos uns orzamentos moderados que axuden ás familias a superar esta crise", insiste.

A coordinadora de Ciudadanos Galicia, Beatriz Pino. CIDADÁNS GALICIA
A coordinadora de Ciudadanos Galicia, Beatriz Pino. CIDADÁNS GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 urco

A que se deve o seguimento desta força marginal na Galiza? Alguém conhece a alguém e se deve algum favor?

1 GunMersindo

Moi ben falado

2 Merxe

Hai que darlle cancha ó nostrus e á súa minisecta. Anima o diario e botas uns risos á conta diles.